Traballamos cada día por un mesmo compromiso

Moi preto de ti hai un grupo ao teu servizo que aposta pola innovación e onde todo ten sentido. Próximo e galego. Ao teu lado e de confianza. Aquié, Plenus e Aquí, traballan cada día por un mesmo compromiso: facerche a vida máis fácil. Esta é a rede de supermercados “Gústame ir ao súper” de Grupo Cuevas.

Os nosos supermercados

A nosa filosofía está baseada na adaptación ás necesidades dos nosos clientes e facémolo sobre os alicerces básicos dun excelente produto fresco e unha esmerada e próxima atención ao cliente. A competitividade e a innovación diferénciannos en cada unha das nosas liñas de supermercados.

Un concepto diferente de supermercado, con filosofía propia e onde todo ten sentido.

Toda a experiencia e valor das nosas insignias presentada baixo un modelo novo e de proximidade.

Abrimos cada día para ofrecerche unha coidada selección de máis de 5.000 artigos.

Apostamos polo comercio de proximidade para que a túa compra sexa máis cómoda. Tamén baixo o formato franquía.

SPAR, A NOSA MARCA BRANCA EN EXCLUSIVA PARA GALICIA

Pomos a disposición dos nosos clientes, cada día, máis de 1.800 referencias de produto da marca Spar. E facémolo en exclusiva para toda Galicia.

Grazas ao noso acordo con Spar Española, toda a rede de supermercados do Grupo Cuevas dispón hoxe de referencias desta marca de prestixio e excelente relación calidade-prezo en produtos de alimentación seca; conservas de peixe e de carne, e pratos preparados; refrixerados, lácteos e pratos cociñados; conservas vexetais, froitas e encurtidos; leite, batidos e ovos; conxelados; mascotas…; e a familia de perfumaría e drogaría baixo a marca “Sensations”.

A TÚA TARXETA “GÚSTAME IR AO SÚPER” NO MÓBIL

Coñeces xa a app de Gústame ir ao súper? Pois xa podes descargarla na túa Play Store completamente GRATIS.

Leva no teu móbil os cupóns aforro dos nosos supermercados Aquié, Plenus e Aquí e goza das promocións e descontos que pensamos só para ti.

A túa tarxeta “Gústame ir ao súper” agora tamén no móbil!

canal cociña e dieta atlántico galega

Accede a unha gran variedade de receitas, todas elas sas e equilibradas, elaboradas por un equipo de nutricionistas e seleccionadas para que cada día poidas ter unha alimentación saudable.

Estas son algunhas das nosas receitas:

Contacta con nós

Podes poñerte en contacto connosco para calquera consulta ou opinión a través destes medios.

Rúa dos Teceláns, 5
Zona Industrial “el 21”
32001 Ourense – España
Ver mapa

Tel +34 988 211 013
Tel +34 988 510 015
Fax +34 988 214 045

Fainos chegar a túa opinión ou suxerencias a:
info@grupocuevas.com