Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

COS NOSOS MELLORES DESEXOS…

24 Decembro, 2011

“Coa castaña entramos nas cociñas máis selectas, estivemos nas celebracións importantes de todo o ano. Tamén en Nadal.”
Con este anuncio, Grupo Cuevas quere felicitar as festas a todos os seus clientes e colaboradores.
Descargar anuncio

AS MODAS TAMÉN CHEGAN ÁS CESTAS DE NADAL. A TARDE. RADIO GALEGA

20 Decembro, 2011

Eva Delgado, responsable de vendas, fala con Cristina García, Rocío Pereira e Alberto Rivero no programa A Tarde de Radio Galega.
As modas tamén chegan aos agasallos de Nadal. Os alcois dan paso a aceites ou atunes e as cestas de vimbio substitúense nos últimos anos por revisteros ou bandexas de pel, detalles que logo serven para decorar.
Escoitar programa

GRUPO CUEVAS PREMIA AOS SEUS PEQUENOS ARTISTAS

18 Decembro, 2011

Un ano máis, e van oito, Grupo Cuevas organizou unha gran festa infantil con motivo da entrega de premios do VIII Concurso de Tarxetas de Nadal. Ao acto, que tivo lugar no hotel Auriense, asistiron gran cantidade de nenos participantes, acompañados polos seus pais e familiares; xuntos gozaron cos monicreques, xogos e bailes. Despois unha merenda para repor forzas e volta á diversión. Pequenos e maiores participaron nas diversas actividades animados polos compoñentes de Duende Sico. Para a entrega de agasallos e diplomas aos finalistas e premiados, un personaxe de luxo, nin máis nin menos que Papá Noel.
Descargar postal

Ver galería 1

Ver galería 2

Ver galería 3

Ver galería 4

CESTAS APTAS PARA TEMPOS DE CRISES. A REVISTA TVG

13 Decembro, 2011

Este ano o pequeno detalle é o rei do Nadal: botellas de viño dende 3€, lotes dende 10€, ou incluso cestas e baúis que chegan ata os 1.000€. Os xamóns e os alcois dan paso a produtos de maior necesidade. En Grupo Cuevas repartiremos preto de 5.000 lotes adaptados aos gustos de todos os clientes. Eva Delgado, responsable de vendas, fala con Natalia Pena para o Programa A Revista. Minuto 3:30 e minuto 12:50.
Máis información

PRATOS DE NADAL PENSADOS EN TI

12 Decembro, 2011

Atendendo as peticións dos nosos clientes, nos supermercados Aquié preparamos para estes Nadais unha ampla variedade de pratos de Nadal pensados en ti.
Porque estas datas son días para gozar, non para pasar traballos, na nosa sección QFH poderás encargar o teu menú. Pratos feitos o propio día, coa mellor calidade, igual que se os fixeses na casa.
Os días 13 e 16 de decembro invitámosche á presentación dos nosos menús para que probes a súa calidade. Dispoñibles nos nosos centros Aquie (Rúa Dr. Fleming Ourense e Rúa Piñeiral no Porriño) e nos supermercados Aqui de Emilia Pardo Bazán (Allariz), Rúa Silleda (A Cañiza), Rúa Hispanidade (Vigo) ou chamando ao teléfono 988 21 10 13.
Descargar folleto