Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS COA COLABORACIÓN DO INORDE CREA UN NOVO FORO ESTABLE

31 Maio, 2011

Grupo Cuevas estableceu unha alianza có INORDE para crear un Foro estable que permita saber cómo se ve Ourense dende fora, cómo se coñecen e valoran os seus produtos máis destacados e cal é a imaxe que perciben líderes de opinión nacionais e internacionais.
O primeiro ciclo comezará o próximo día 31 de maio ás 20:00 horas no Liceo de Ourense e terá como protagonista a Pepe Ribagorda, un dos máis importantes na escena informativa nacional dos fins de semana, a castaña, un dos produtos máis identificados no mundo con Ourense, a alimentación, a gastronomía e a nova cociña.
Intervirán destacados nomes da información e a cultura española, e representantes da cociña ó máis alto nivel mundial, que darán a súa visión sobre os produtos ourensáns e sobre a castaña en particular.
Ver anuncio

Reportaxe suplemento VIDA

AS CHAQUETAS DE MONCHO BORRAJO NOS AQUIÉ DO GRUPO CUEVAS

11 Maio, 2011

Ata o día 6 de xuño, en Aquié, pódense ver algúns dos exclusivos e sorprendentes traxes cos que actuou Moncho Borrajo, recoñecido entre os máis grandes do espectáculo en España.
Trátase dunha pequenísima mostra que anticipa o admirable contido do museo monográfico situado na estación da súa localidade natal, Baños de Molgas, que se abrirá ao público moi pronto.
O museo, magnificamente restaurado polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), mostrará o valioso legado dos seus 40 anos nos escenarios, dos recordos persoais, das testemuñas e das imaxes históricas dun dos ourensáns máis célebres de todos os tempos.
Ver fotografías