Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

III CONCURSO AQUÍ PINTAMOS TODOS

27 Setembro, 2011

Decenas de nenos de todas as edades participaron ó longo do pasado mes de agosto no terceiro concurso de debuxo organizado polo Grupo Cuevas nos supermercados Aquié, nunha iniciativa novedosa nos centros comerciais galegos que permitíu os menores entreterse dibuxando durante este verán.
Os nenos elaboraron os seus traballos con ceras de cores e prantillas que lles entregaron no establecemento. Unha vez rematados, os debuxos identificáronse e gardáronse debidamente, para ser finalmente evaluados polo xurado que estivo formado por:
Centro de Fleming:
Ana Garrido, Concelleira de educación
Manuel Márquez, Propietario Galería de Arte Manuel Márquez
Artur Yuste, Director Grupo Cuevas
Centro de O Porriño:
Nelson Santos, Alcalde de O Porriño
Gino Rocal, Xefe de Publicidade de Atlántico Diario
Julio César Martín, Xefe de Estudos do Colexio Santo Tomás
O veredicto final concedeu a máxima distinción a:
Centro de Fleming:
Jimena Sierra Vázquez, Primeiro Premio (8 anos)
Laura Conde Blanco, Segundo Premio (7 anos)
Cloe Amion Rodríguez, Terceiro Premio (5 anos)
Centro de O Porriño:
Aitana González Morais, Primeiro Premio (9 anos)
Felipe García Gregores, Segundo Premio (6 anos)
Oscar Quintas Ferreiro, Terceiro Premio (3 anos)
Máis información Aquié Fleming

Máis información Aquié Porriño

LORENZO DIAZ FALA EN OURENSE SOBRE “OS ESCRITORES GALEGOS E A COCIÑA”

23 Setembro, 2011

Lorenzo Díaz, un dos máis destacados xornalistas radiofónicos españois e autor de numerosos libros de gastronomía, e Jordi Roca, chef responsable da repostería no Celler Can Roca, considerado un dos dous mellores restaurantes do mundo, serán os próximos participantes no Foro estable creado polo Grupo Cuevas e o INORDE para coñecer como se ve a Ourense desde o exterior, como se valoran e coñecen os seus produtos máis destacados e cal é a imaxe que perciben diferentes líderes de opinión e relevantes profesionais do mundo da comunicación, a cultura e a gastronomía.
Máis información

FORD ESPAÑA PARTICIPA NO RALLYE ECOLÓXICO DE GALICIA”

19 Setembro, 2011

Para Ford, a sustentabilidade e a máxima eficiencia dos seus produtos forma parte da estratexia da marca a nivel global. Ademais, a competición automobilística é parte inherente da historia de Ford desde os seus inicios. É por iso que non podía faltar nun evento como este que combina ambalas dúas fórmulas.
Regularidade e consumo eficiente primaron sobre a velocidade nesta proba desenvolvida na provincia de Ourense durante os días 17 e 18 de setembro.
O gañador de regularidade foi o equipo de Ford España de Miguel Anxo Romeu e Sonia Pérez, cun Ford Festa TDCi 1.4. O triunfo máis rifado fraguouse no apartado das emisións tóxicas que comezou dominada por Antonio González e Luís De La Fuente do equipo Ford España, aínda que, na xornada do sábado, o piloto de Fórmula 2 José Luís Abadín e o seu navegante Chelís Gómez, nun Ibiza E-Ecomotive, levantáronse ao primeiro posto.
En suma, unha entretida disputa, na cal as firmas automobilísticas aproveitaron para contrastar a eficiencia dos seus vehículos nunha carreira empresarial que cada vez se está centrando máis nas novas alternativas en canto a combustión.
Máis información