Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ANDREA TUMBARELLO MOSTRA AS SÚAS RECEITAS NO FORO DA CASTAÑA

24 Outubro, 2011

Dúas semanas logo da demostración de Jordi Roca coa castaña no Foro estable creado polo Grupo Cuevas coa colaboración do Inorde, chega Andrea Tumbarello. Considerado por numerosos críticos o mellor chef italiano en España, chega a Ourense para dar a coñecer en directo algunhas das súas elaboradas e orixinais receitas de cheiros comestibles nas que a súa famosa pasta fresca combínase coas delicias do bosque: cogomelos, trufas e, especialmente para esta ocasión, castaña.
Na súa demostración en Ourense, hoxe luns día 24, ás 19:00 no Centro Cultural da Deputación, acompañaralle o seu xefe de cociña en Baqueira, Javier Fajardo.
Tumbarello está de moda en Madrid despois do espectacular éxito que alcanzou co seu restaurante Don Giovanni, unha das maiores sensacións gastronómicas dos últimos anos, que lle valeu o cualificativo de "a mellor mesa italiana na península", e que se converteu en lugar frecuentado por destacados personaxes onde non faltan a princesa Letizia ou Shakira, entre outros…
Máis información

JORDI ROCA EXPLICA EN OURENSE A COCIÑA DE CAN ROCA, SEGUNDO RESTAURANTE DO MUNDO

10 Outubro, 2011

Dentro do Foro estable sobre castaña, organizado por Grupo Cuevas e INORDE, Jordi roca explicará en ourense a cociña dulce do Celler de Can Roca, considerado o segundo restaurante do mundo. Acompañado polo seu equipo, fará en directo varios postres con castaña.
“O xenio do dulce”, como se definiu a Jordi Roca, acudirá co seu equipo a Ourense, o próximo luns, día 10, para explicar cómo é un día de traballo do cociñeiro dos postres no Celler de Can Roca, o restaurante que dirixe cos seus dous irmáns Joan e Josep en Gerona, con tres estrelas Michelin e que –tralo peche de El Bulli- está considerado o mellor restaurante de España e o segundo do mundo.
Máis información