Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS CELEBRA A SÚA TRADICIONAL FESTA INFANTIL

Como cada ano, Grupo Cuevas organizou a súa festa infantil con motivo da entrega de premios do IX Concurso de Tarxetas de Nadal, que convoca para os fillos de empregados do Grupo. A participación superou ampliamente a de anos anteriores. Os rapaces gozaron dunha tarde de festa amenizada por Duende Sico, con xogos e actividades de todo tipo. Papá Noel foi o encargado de entregar os agasallos aos premiados no concurso e a todos os nenos participantes. Maiores e pequenos compartiron marabillosos momentos de risas, xogos e diversión, nunha tarde na que, sen dúbida, os protagonistas foron os nenos.
Ver reportaxe

Ver postal