Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ PRESENTE NA FEIRA ISM EN COLONIA

29 Xaneiro, 2012

Do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro Cuevas e Cía Marron Glacé participa en ISM en Colonia (Alemaña).
ISM é a feira de doces e pastelería máis grande e importante a nivel mundial, que presenta todas as innovacións e artigos de tempada. ISM cobre toda a gama de confeitería en todos os seus sectores: chocolate, azucre de confeitería, pastelería, lambetadas, xeados e materiais en cru.
A feira está aberta só para especialistas e está dirixida a representantes de empresas almacenista e comerciante polo miúdo dos seguintes sectores: doces, alimentos, produtos biolóxicos, droguería, cafetería, pastelería e panadería, entre outros.
Ven a visitarnos, estamos no Hall 11.1 – Caseta G031a.
Saber máis sobre a feira

Descargar plano coa nosa localización

Ver fotografías

MAZÁS FRESCAS, SABOROSAS E SAUDABLES

18 Xaneiro, 2012

Actualmente existe no mercado unha ampla variedade de mazás pero cal é a mellor para ensaladas? e a mais apropiada para facer compota? E se quero un zume, cal debo escoller?… Atoparás a resposta a estas e outras preguntas nos nosos establecementos Aqui e Aquié que desde hoxe e ata mediados de febreiro contan cunha particular exposición de mazás.
“Porque unha mazá ao día, afasta ao médico da túa vida”.
Descargar folleto

EMPRENDE EN 2012 E CONVIRTETE EN FRANQUICIADO

10 Xaneiro, 2012

A revista “Emprender Franquías e Negocios” recolle no seu número 72 unha ampla reportaxe sobre emprender en tempos de crise.
Son moitas as grandes empresas que confirman o seguinte: en momentos de crise é necesario apostar polo crecemento. Investir, diversificar, mellorar, avanzar… Non vale quedar quedo nin dar pasos atrás. E por que non, é tamén o momento de emprender. Son moitos os que teñen “o verme emprendedor”, ganas de crear un negocio e agora pode ser a oportunidade de facelo. Pero, non dispós da experiencia necesaria? Prefires apostar por unha marca con rodaxe no mercado? Queres contar co soporte dalgunha empresa con solidez? A franquía é, entón, a saída que buscas.
A distribución tamén ve sumar novos franquiciados. Supermercados, sobre todo de proximidade son unha boa opción de investimento.
Na páxina 14 deste número “Emprender Franquías e Negocios” fala de Plenus Supermercados.
Versión resumida do número

Web Franquicias e Negocios

CUEVAS E CIA MARRON GLACÉ EMPEZA O ANO RENOVANDO WEB

9 Xaneiro, 2012

Continuando co proceso de restiling e mellora produtiva iniciado en 2010 Cuevas e Cia empeza o ano renovando a súa web.
Desta forma, Cuevas dispón de tres liñas: “Cuevas Marron Glacé”, “Cuevas Chef” e “Cuevas Horeca”. En todos os casos, incorpora innovadoras presentacións, formatos e códigos estéticos, así como novas gamas de produtos e sabores, entre eles cremas e guarnicións de castaña ou con complemento doutros ingredientes, como cogomelos e froitos secos.
A empresa pioneira e líder no tratamento, elaboración e distribución de derivados da castaña basea as súas liñas estratéxicas no I+D+i, nos acordos con centros tecnolóxicos de referencia e con fundacións e cociñeiros de prestixio, en experiencias de enxeñería alimentaria e na ampliación da oferta de artigos premium.
A rede comercial de Cuevas e Cía alcanza os cinco continentes. De feito, durante a primeira semana do ano, acumula xa na súa web 200 visitas de 28 países diferentes entre os que destacan: Brasil. Estados Unidos, Francia, Xapón, Reino Unido, Bulgaria, México ou Italia.
Visitar web

SUPERMERCADOS AQUI/AQUIE RECOLLEN 1.362 XOGUETES

5 Xaneiro, 2012

Por segundo ano consecutivos os supermercados Aqui/Aquié axudaron aos Reis e baixo o lema “Chega ti onde non chegan os Reis Magos” levaron a cabo unha campaña de recollida de xoguetes.
Desde o 1 e ata o 22 de decembro animaron a todos os seus clientes a que doasen xoguetes, xa fosen novos ou usados en bo estado para axudar con eles a nenos e nenas mais desfavorecidos.
Máis información