Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS PATROCINA O PREMIO LITERARIO CARLOS CASARES

30 Marzo, 2012

O Liceo de Ourense convoca a XI edición dos premios de microrrelatos Carlos Casares, que por primeira vez céntrase nunha temática concreta: Literatura e gastronomía. O xerente de Grupo Cuevas, Artur Yuste, expuxo que tras 145 anos de vida da empresa “queremos entrar noutros espazos, achegar noutros ámbito”. Poderán presentarse microrrelatos de non máis de 1.500 carácteres sobre estas dúas temáticas antes do 11 de maio. O premio, de 1.500€, entregarase o 25 do mesmo mes.
Bases concurso

Ver noticia

O GRUPO CUEVAS ESTENDE OS SUPERMERCADOS PLENUS A VIGO

Coa apertura dun novo supermercado PLENUS en Vigo, o Grupo Cuevas inicia a fase decisiva de expansión da marca creada en 2011, e que conta xa con dous centros, un deles en Ourense e outro na localidade pontevedresa de Porriño. Con esta nova apertura, o Grupo ourensán comeza a cumprir o plan establecido para 2012 de implantar en toda Galicia a nova oferta comercial dos PLENUS, concibidos como tenda de proximidade, cunha superficie mínima de venda de 400 metros cadrados e cunha clara aposta pola sección de frescos e orientados á redución de custos -en produtos de máxima calidade e primeiras marcas-, coa finalidade de que cada franquiciado poida competir abertamente en prezos e calidade con calquera das grandes insignias da distribución.
PLENUS Vigo abrirá o día 30 de marzo nun local de 500 metros cadrados da rúa Camelias. Ofrece todas as seccións propias dun supermercado: froitería, carnicería, pescadería, chacinería e panadería, que ocupan unha terceira parte da tenda. Disporá de case 5.000 referencias e será atendido por unha plantilla de dez persoas. O investimento realizado ascende a 500 mil euros.
A identidade de marca reflexa que PLENUS Supermercados representa un modelo actual, moderno e novo do concepto da distribución e a oferta alimentaria, no que primará a excelencia na capacitación profesional. A insignia ofrecerá preparación previa e formación continua ao persoal de toda a rede de franquiciados.
Folleto apertura

MARRON GLACÉ CUEVAS PREMIO PLATA EN BEST PACK 2012

29 Marzo, 2012

Onte día 28, na noite dos Best Pack, Marron Glacé Cuevas recibiu o premio de prata na categoría de packaging. Todo un recoñecemento ao labor de restyling de marca iniciada por Cuevas en 2010 e levada a cabo pola axencia Garrofé Brand&Pack e a consultora Martínez Franch.
Os Best Pack son os únicos premios dedicados á mercadotecnia alimentaria que celebran a súa 13ª edición. Organízanse cada dous anos coincidindo con Alimentaria, a principal feira de alimentación europea, que ten lugar do 26 ao 29 marzo 2012. Best Pack é o único certame que expón a totalidade das pezas concursantes, durante os catro días de duración de Alimentaria 2012.
Premios Best Pack

Garrofe Brand&Pack

m+f=!

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ PARTICIPARÁ NA FEIRA ALIMENTARIA DE BARCELONA

26 Marzo, 2012

Do 26 ao 29 de marzo terá lugar Alimentaria 2012 (Barcelona), Salón Internacional da Alimentación e Bebidas no que Cuevas e Cía Marron Glacé estará presente.
Alimentaria é un evento de referencia, os seus factores de éxito son a máxima especialización da súa oferta, a innovación e unha infatigable vocación exterior.
Búsquenos no Recinto Gran Vía, Pavillón P8 (Nivel 0), Rúa A, Caseta 88, Recinto Multiproducto, atenderémolo persoalmente.
Saber máis sobre a feira

Descargar folleto Alimentaria

ARTUR YUSTE NOVO SECRETARIO DA A.E. POLÍGONO SAN CIBRAO

23 Marzo, 2012

A Xunta directiva da Asociación de empresarios do Polígono de San Cibrao elixiu a Artur Yuste, director xeneral do Grupo Cuevas, secretario da Asociación, para substituír a César Alberte, que desempeñou o cargo durante os vinte últimos anos.
A substitución prodúcese nunha etapa especialmente importante para o Polígono, na que a Xunta directiva deberá afrontar, de forma inmediata, obxectivos e xestións cuxo resultado será determinante para o futuro do recinto industrial, entre eles a mellora de comunicacións, co acceso á A-52; a xestión de residuos, con construción da planta de transferencia; e a solución ás verteduras, para os que a Asociación última un Plan integral que abarca medidas de concienciación, proxectos técnicos, accións disuasorias, actuacións legais e un novo rexistro de intencións empresariais.
Ampliar información