Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ESPECIAL ALIMENTACIÓN: NOVA PROPOSTA DE GRUPO CUEVAS PARA O DÍA A DÍA

31 Marzo, 2013

Catro anos despois de presentar nos supermercados Aquié a sorprendente proposta do QFH, sección na que se pode elixir cada día un menú diferente e valorado nutricionalmente por expertos que garanten unha dieta equilibrada ao longo de todo o ano, o Grupo Cuevas amplía agora a súa singular oferta alimentaria cos novos sándwichs. Esta nova gama que chega estes días ao mercado, é o resultado de varios anos de probas e investigación ata conseguir un produto saudable, rico e co nivel calorífico preciso para completar as comidas lixeiras do día, e no que a elección do pan é unha característica destacada que se coidou con especial esmero.
Ver reportaxe completa

O QUE AS EMPRESAS ESPERAN DAS PERSOAS, MªJOSÉ FDEZ RRHH GRUPO CUEVAS

27 Marzo, 2013

A piques de cumprir os tres anos como director xeneral do Grupo Cuevas, Artur Yuste soubo manter a esta emblemática empresa ourensana, un dos grupos con máis historia en Galicia, nun referente no mundo da innovación, que lonxe de estancarse aborda continuamente novos proxectos como alicerce fundamental da súa estratexia empresarial.
Ver video:

ENTREVISTA DE ARTUR YUSTE, DIRECTOR DE GRUPO CUEVAS, PARA LA REGIÓN

26 Marzo, 2013

María José Fernández, responsable de recursos humanos de Grupo Cuevas, preséntanos os criterios de selección de persoas e fai unha reflexión de como determinados trazos da personalidade axudan ao éxito laboral.
O seu relatorio forma parte do Curso de Competencias Horizontais organizado pola Área de Emprego da Vicerrectoría de Transferencia de Coñecemento e a Vicerrectoría do campus de Ourense.
Ver entrevista:

A AULA DE MAIORES DA UVIGO VISITA GRUPO CUEVAS

7 Marzo, 2013

Un grupo de alumnos do programa para maiores da Universidade de Vigo, acompañados tamén por alumnos de Maxisterio, visitaron as instalacións de Grupo Cuevas no polígono do 21.
O grupo interesouse especialmente pola nosa aposta pola innovación e as novas tecnoloxías, viron de primeira man o noso ERP Microsoft Dynamics Ax, visitaron a nosa plataforma loxística dotada dun sistema de xestión por voz (3 l Voice) e coñeceron os proxectos levados a cabo coa Universidade.
Saber máis sobre o programa:

Ver foto

GRUPO CUEVAS COLABORA COA FORMACIÓN EN COMPETENCIAS HORIZONTAIS

1 Marzo, 2013

Hoxe, o salón multiúsos Emilia Pardo Bazán (Ourense), acolle a celebración dun Curso de Competencias Horizontais organizado pola Área de Emprego da Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento e a Vicerreitoría do campus de Ourense. O obxectivo é formar ós asistentes en habilidades como o traballo en equipo, a intelixencia emocional e o liderado. Esta primeira sesión foi aberta ao público e comezou cunha conferencia de Santiago Vázquez, de Dirección de persoas de R, titulada "O Sentido do Traballo".
O acto contaba ademais coa mesa redonda: "Análise das competencias horizontais máis valoradas nos sectores produtivos galegos" na que participaron recoñecidas empresas ourensás. Entre elas, María José Fernández, responsable recursos humanos – desenvolvemento de persoas, de Grupo Cuevas.
Saber máis sobre o curso:

Ver ponencia: