Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

PERSOAS CON DISCAPACIDADE REALIZAN PRÁCTICAS EN GRUPO CUEVAS

22 Abril, 2013

Dende o día 22 de abril e ata o 10 e maio, catro mozos, alumnos do Curso de Xestión de Stocks, Almacén e Control de Caixa impartido por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no se centro de Ourense, dependentes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, realizan prácticas en Grupo Cuevas. O curso promovido dentro do Convenio Programa de Formación Profesional de Persoas con Discapacidade que residan na Comunidade Autónoma de Galicia, está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Mediante o convenio asinado entro Grupo Cuevas e COGAMO, o grupo empresarial ourensano acolle a catro mozos que realizarán as súas prácticas repartidos en distintos sectores, un no almacén central de distribución de alimentación do Polígono de “O 21”, outro no Cuevas Cash de Avd. Otero Predrayo o dous no Supermercado Aquié de Dr. Fleming. Estas prácticas supoñen un importante paso na formación destes mozos, xa que entran en contacto co día a día dun ámbito laboral real.
Benvidos a Grupo Cuevas

EXPOSICIÓN PLANTAS CURIOSAS EN AQUIÉ

Dende o pasado venres 19 de abril, o supermercado Aquié da rúa Dr. Fleming de Ourense acolle unha mostra de plantas curiosas. Carnívoras, exóticas, medicinais, aromáticas, as súas características e propiedades. O público, mentres fai a compra, viuse sorprendido cunha colorista exposición, que valorou moi positivamente e pola que mostrou grande interese. Ao mesmo tempo, e co motivo do "Día da maceta", o luns 22 regaláronse sementes dunha das plantas expostas, a Acacia de Constantinopla, para que poidan plantala na súa casa. Unha mostra que sen dúbida converte o momento de facer a compra nunha experiencia un pouco mais agradable.
Ver foto

TALENTO GALEGO, CUEVAS MARRON GLACÉ

14 Abril, 2013

Dos montes ourensanos a 26 países como delicatessen. A empresa exporta marron glacé a 5 continentes, con América Latina, Europa e países árabes como principais consumidores. Un de cada dous cociñeiros estrela Michelín usa a castaña nas súas cartas.
Maite González, xerente de Cuevas Marron Glacé, é a embaixadora do produto no exterior. Asegura que nos últimos anos a gastronomía se está a reconciliar coa castaña, que cada vez está máis presente na alta cociña.
Ver reportaxe

GRUPO CUEVAS APADRIÑA UN ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

9 Abril, 2013

O pasado mes de outubro Grupo Cuevas e Caldaria Termal asinaron un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo co fin de apadriñar un estudante do último curso da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. Finalizada a convocatoria e o proceso de selección, o Grupo Cuevas apadriñará a un estudante do grao de Administración e Dirección de Empresas, Fernanda Victoria Martínez.
Grupo Cuevas participa nesta iniciativa como parte da súa aposta pola colaboración entre a Universidade e o sector privado, considerando esta relación como beneficiosa para ambas as dúas partes e para a sociedade en xeral. Esta filosofía empresarial tradúcese na posta en marcha nos últimos anos de diferentes liñas de colaboración no campo académico e investigador co campus de Ourense.
Ampliar noticia

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ PARTICIPARÁ NO SALÓN DE GOURMETS

8 Abril, 2013

Do 8 ao 11 de abril celébrase en Madrid o Salón de Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade.
Esta feira é o maior evento europeo dedicado aos produtos delicatessen, a maior plataforma das firmas de calidade do sector agroalimentario e dos seus procesos de innovación.
Cuevas e Cía estará presente no pabellón 6, stand 6F10.
Saber máis sobre a feira: