Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ENTREVISTA DE ARTUR YUSTE, DIRECTOR DE GRUPO CUEVAS, PARA O CORREO GALEGO

15 Xullo, 2013

"A principal peza para que un país funcione é o empresario"
"O Grupo Cuevas somos almacenistas de natureza e detallistas de convicción"
"Por que non utilizar o idioma galego se a maioría falamos galego"
Artur Yuste i Tarragó (Lleida, 1979, técnico superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas) é director xeral do Grupo Cuevas dende 2010, hólding de empresas dedicado á distribución alimentaria almacenista e detallistas, radicado en Ourense dende hai 146 anos. As súas insignias Aquí, Aquié, Plenus e Cuevas Cash operan en Galicia en 24 establecementos, cunha superficie conxunta de máis de 16.000 metros cadrados. O Grupo Cuevas factura ao ano máis de 100 millóns de euros. A actividade alimentaria xera 290 postos de traballo directos e en torno a 1.000 indirectos.
Ver entrevista completa

CUEVAS INVISTE 1,1 MILLÓNS NA APERTURA DUN CENTRO AQUIÉ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

4 Xullo, 2013

A ensina comprometida coa alimentación saudable traslada á capital galega o seu novedoso formato de supermercado sensorial, e a súa sección de dieta equilibrada que personaliza os menús diarios.
Aquié estreouse este xoves 4 de xullo en Santiago de Compostela coa súa orixinal combinación de luz, cor, ambientación diferente, compra saudable, interacción co cliente e tecnoloxía. Para a primeira apertura no norte de Galicia, a marca que foi designada como unha das seis tendas máis innovadoras do mundo en 2009, elixiu un local de mil metros cadrados situado na intersección entre a Rúa República Arxentina e Rúa Hórreo, nun céntrico contorno comercial e hotelero.
O investimento ascende a 1,1 millóns de euros (excluídos os gastos inmobiliarios). A contribución deste proxecto á melloría do mercado de traballo local consiste na creación de 22 empregos directos e inmediatos, establecendo a medio ou longo prazo o obxectivo de ampliar a 40. Do mesmo xeito que nos demais centros da ensina máis comprometida coa vida sa, o investimento do tempo e coa responsabilidade social, a totalidade do persoal terá contrato indefinido desde o primeiro día.
A novedosa proposta do novo establecemento, que se aproxima aos mil metros cadrados de superficie total, concede especial relevancia ás seccións de fresco (froitería, carnicería, chacinería, panadería e peixería), que presentan un formato moi diferenciado respecto de outras superficies comerciais, e aportan un valor engadido moi destacado na oferta global e na imaxe da marca. E en lugar especial, a sección Que Facemos Hoxe, a exitosa proposta de menús diarios e personalizados, con dobre garantía por estar baseados na cociña galega de autor e por incluír a supervisión de expertos nutricionistas vinculados á Cátedra Cuevas.
Ampliar información

ENTREVISTA DE ARTUR YUSTE PARA SANTIAGO TV

Silvana Amorín, no magazine local "Santiago Te Ve", fala do novo Aquié en Santiago de Compostela con Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas.
Para ver a entrevista ir a TV á carta, sección Santiago Te Ve, data 04/07/13,a partir do minuto 02:25.
www.santiagotv.es

MARRON GLACÉ “UN PAÍS PARA COMÉRSELO”

O programa de TVE, “Un país para comérselo”, presentado por Imanol Arias e Juan Echanove, recolle neste capítulo a aventura dos protagonistas en terras de Ourense. Comezan a súa andaina nun bosque no que están felizmente perdidos. Nel encontran a José Luis Cuerda, con quen compartirán a viaxe.
Ourense é un inmenso bosque, un anaco de terra verde con miles de cousas por descubrir. Imanol e Juan coñecerán de primeira man a metamorfose da castaña para elevala ao seu máximo esplendor: o marron glacé. Dende o minuto 34 ´ 30
Ver programa