Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

CUEVAS E CÍA PREVÉ LANZAR UNHA LIÑA DE ALIMENTACIÓN INFANTIL

17 Novembro, 2013

A firma Cuevas investiga como sacar novas posibilidades e rendibilidade á castaña nunha aposta continua pola innovación. Entre os seus proxectos inmediatos sitúa ampliar a gama de produtos usando a castaña como elemento base ou complemento doutros que se usan na alimentación infantil xa que poden conseguir produtos parecidos aos que se fan cos cereais. Cuevas e Cía está a traballar tamén na saída ao mercado dunha salsa con base de castaña.
Ver noticia

CATÁLOGO DE LOTES, CESTAS E BAÚIS DE GRUPO CUEVAS

15 Novembro, 2013

De novo campá sobre campá, os peixes no río, as comidas familiares, as luces, os adornos, os excesos… Un montón de cousas que se repiten cada ano. E como cada ano repítense tamén os bos propósitos, a alegría contaxiosa dos nenos, as primeiras saídas nocturnas dos adolescentes, o reencontro cos amigos que volven, momentos inesquecibles de viño e rosas, e a maxia que flota no aire e se coa polas fendas. Xa é Nadal!
En Grupo Cuevas desexamos que este Nadal veña con todo iso que fai destas datas algo tan especial, e que traia, ademais, sorrisos, abrazos, ilusión, traballo…
E se trae bágoas, que sexan de emoción.
Feliz Nadal!
Ver catálogo

MARRON GLACÉ CUEVAS NA REVISTA, TVG

10 Novembro, 2013

A produción de marron glacé está a pleno rendemento, acábanse de recoller as castañas e xa se prepara a campaña de Nadal, a de maiores vendas. A primeira fábrica que fixo este produto en España foi Cuevas. Actualmente, defendemos a universalidade da castaña galega en todo o mundo, estando presente en 26 países dos 5 continentes. Maite González, xerente de Cuevas e Cía, fala para o programa A Revista Fin de semana sobre os segredos desta auténtica delicatessen galega. Dende o minuto 38:40.
Ver programa