Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

CUEVAS MARRON GLACÉ EN LARPEIROS TVG

27 Xaneiro, 2014

Larpeiros da TVG é un programa sobre xente que cociña e divírtese facéndoo. O episodio de hoxe ten como protagonista á castaña. Ensinarannos a cociñar petisús con crema de castañas e coello con castañas. Ademais, Adrián visita a fábrica de Cuevas Marron Glacé e aprende como se elabora o marron en almíbar. Desde o minuto 9:07.
Ver reportaxe

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ PRESENTE NA FEIRA ISM EN COLONIA

26 Xaneiro, 2014

Do 26 ao 29 de xaneiro Cuevas e Cía Marron Glacé participa en ISM en Colonia (Alemaña).
ISM é a feira de doces e pastelería máis grande e importante a nivel mundial, que presenta todas as innovacións e artigos de tempada. ISM cobre toda a gama de confeitería en todos os seus sectores: chocolate, azucre de confeitería, pastelería, lambetadas, xeados e materiais en cru.
A feira está aberta só para especialistas e está dirixida a representantes de empresas almacenista e comerciante polo miúdo dos seguintes sectores: doces, alimentos, produtos biolóxicos, droguería, cafetería, pastelería e panadería, entre outros.
Ven a visitarnos, estamos no Hall 11.1 – Stand G016
Saber máis sobre a feira

Ver imaxe

GRUPO CUEVAS REÚNE AOS ‘SEUS’ NENOS DE TODA GALICIA

12 Xaneiro, 2014

Decenas de nenos chegados de distintos puntos de Galicia acudiron á festa infantil que organiza anualmente o Grupo Cuevas para os fillos dos seus empregados. Entre ilusionados e sorprendidos gozaron de teatro de marionetas, monicreques, bailes, xogos, cancións, bonecos animados, regalos sorpresa e unha suculenta merenda que compartiron cos seus pais. Tamén recibiron os premios do concurso de tarxetas de Nadal no que participaron todos, con traballos sorprendentes e en maior número que en edicións anteriores. O lugar elixido para celebrar esta edición da festa foi o hotel balneario de Laias, pola súa maior accesibilidade para os convidados.
Ver reportaxe