Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

EN OURENSE BONIFICÁRONSE 250 CONTRATOS PARA DISCAPACITADOS

28 Marzo, 2014

Jose Antonio Quintana traballa no departamento administrativo de Grupo Cuevas. Ten 33 anos, está casado e é pai dunha nena. Tamén ten a súa perna e o seu brazo dereitos paralizado por hemiplexía. Naceu con iso e quizais por iso está afeito a que calquera faceta da vida, tamén a laboral, requira moito esforzo. Afronta esa realidade con naturalidade pero con decisión.
Ver reportaxe

TRAXES DE ENTROIDO DE AQUIÉ EN TV SANTIAGO

5 Marzo, 2014

O espazo Boca a Boca, presentado por Fátima Rodríguez, é o programa dos cidadáns de Santiago de Compostela. Actualidade, sociedade, tendencias, negocios emerxentes, os problemas dos compostelanos…Un escaparate de toda a actualidade social realizado dende a rúa.
Nesta ocasión Fátima visita o supermercado Aquié para facer unha peculiar homenaxe ao entroido a través dos traxes expostos no supermercado Aquié. "Saberías identificar ti a un Peliqueiro?"
Pica no enlace de abaixo, diríxete a TV á carta, programa Boca a Boca, programa do 05/03/14
www.santiagotv.es