Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

“A DIRECCIÓN DA PROVINCIA VIVE MOMENTOS CRÍTICOS” ENTREVISTA A ARTUR YUSTE

29 Marzo, 2015

É un dos principais referentes no sector da alimentación de Ourense. O Grupo Cuevas está a piques de cumprir 150 anos e á fronte da nave, como director xeral, está Artur Yuste, (Almatret, Lleida, 1979). Tocoulle lidiar cos anos malos da crise pero non só logrou manter á boia o grupo, senón que ademais acaba de asinar un acordo para expandir en Galicia a marca Spar.
Cal é o segredo para que Cuevas logre manterse? Como valora un empresario como vostede a situación económica de Ourense? Algunha vez tentáronlle para a política? Que opina da política local? O cliente ourensano é distinto ao do resto de cidades?. Artur Yuste responde a estas e outras preguntas nunha ampla entrevista.
A Voz de Galicia, 29 de marzo de 2015, Edición Ourense, páxina 7.

ALUMNOS DA UBO VISITAN IGNACIO DAS CUEVAS S.A.

27 Marzo, 2015

Un grupo de estudantes de Técnicas de Comercialización da UBO (Université de Bretagne Occidentale) visitan Ignacio das Cuevas S.A. como complemento á súa formación en loxística.
Grupo Cuevas apostou sempre pola innovación e as novas tecnoloxías. No ano 2004 implantou un dos ERPs líderes do sector da distribución alimentaria: o ERP Microsoft Dynamics Ax. O seguinte paso consistiu en adaptar o ERP a un avanzado Business Inteligence (QlikView), capaz de desenvolver en tempo real a análise e tratamento de datos e cadros de mando. Tamén no ano 2004, Grupo Cuevas converteuse na sexta empresa europea en dotar á súa plataforma loxística dun sistema de xestión por voz (3I Voice).
Ver imaxe

Web Universidade

GRUPO CUEVAS NA I CARREIRA DAS EMPRESAS

15 Marzo, 2015

Seis km de convivencia, deporte e empresa foron o lema da primeira edición da Carreira das empresas celebrada o domingo. A proba estaba organizada polos novos empresarios de Ourense e tivo como punto de saída e meta o Pazo Paco Paz.
O vencedor na categoría individual foi para Francisco Amador Fernández que se impuxo por diante de Eloy Campos e Severino Correa.
Por equipos de 2, a vitoria foi para Cividas, seguido de Refigal S.L. e Lebres. Por equipos de 3, triunfo para Corenta e Pico, a segunda praza para o Grupo Cuevas e a terceira para Mecanizados 1.
Por equipos de 4, a primeira praza para Copasa, seguido de Seague e Gri Team 1.
Por equipos de 5, a primeira posición para o Control SC, seguido de Oqa Ourense e A Banca 1.
Grupo Cuevas ademais, alzouse co premio ao equipo máis numeroso.
Ver imaxe equipo

EXPOSICIÓN EN AQUIÉ “AS LUCES QUE GUIARON Á HUMANIDADE”

13 Marzo, 2015

Con motivo do Ano da Luz os supermercados Aquié recollen unha exposición itinerante sobre as principais constelacións que serviron de orientación a navegantes e peregrinos ao longo da historia.
Os clientes poderán xogar a identificar a Osa Maior, Orión, Casiopea… en fotos reais do firmamento. Unha mostra que se poderá gozar ata o 8 de abril en Santiago de Compostela, do 09.04.15 ao 04.05.15 en Ourense e do 05.05.15 ao 30.05.15 no Porriño. Ademais, cunha compra nos establecementos Aquié poderase participar no sorteo dunha visita ao Observatorio Astronómico de Forcarei.
Descargar folleto

O GRUPO CUEVAS INCORPORA A MARCA SPAR EN EXCLUSIVA PARA GALICIA

Grupo Cuevas asume o desenvolvemento da marca internacional cos seus diferentes formatos de negocio no mercado galego e proxecta un ambicioso plan de aperturas.
O acordo estratéxico entre ambas compañías aspira a promover entre 150 e 200 supermercados no horizonte de oito anos, cunha facturación anual de 150 millóns €.
O grupo ourensano, que aporta a súa experiencia centenaria na distribución alimentaria e na xestión directa de centros de venda, apoiarase no potencial e na logística da maior central española de marca propia.
Ampliar noticia