Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

Cabaciñas recheas

24 Xuño, 2015

Cabaciñas recheas

Cabaciñas recheas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g allo
  • 200 g Cabaciña
  • 20 g cebola
  • 20 g ovo
  • 16 g Jamón de York
  • 1 g loureiro
  • 5 g manteiga
  • 1 g perexil
  • 25 g polo
  • 16 g queixo relado
  • 0.2 g sal
  • 0.5 g tomiño

Instruccións

Cortamos as cabaciñas en dous, de xeito horizontal e retiramos a polpa coidadosamente antes de cocelas. A polpa a estufarémola xunto coa cebola, co allo, co perexil e cun pouco de aceite. Tras un anaco, sazonaremos e botaremos as especias e o ovo. Unha vez feito, enchemos as cabaciñas coa mestura, ademais de queixo relado, xamón e polo xa cocido á parte. Levamos as cabaciñas ao forno colocadas nunha fonte durante 20 min.

A cabaciña é consumida desde hai pouco tempo pola poboación galega. Hai dúas receitas famosas da zona de Santiago de Compostela, as cabaciñas recheas de carne e os recheos de bacallau. Poden facer todo tipo de recheos. A cabaciña por si soa ten un baixo contido en calorías aínda que pode aumentar dependendo do recheo que incorpore. Presenta cantidades significativas vitamina C que intervén na absorción do ferro de orixe vexetal e tamén ten efecto antiinfeccioso. A cabaciña tamén contén potasio que regula o balance de auga no organismo e participa no mecanismo de contracción e relaxación dos músculos.

FRUNATUR PECHA O CICLO DE EXPERIENCIAS PARA ESCOLARES

12 Xuño, 2015

Frunatur, a empresa do Grupo Cuevas especializada na distribución de froitas e hortalizas, conclúe o ciclo de visitas programadas con colexios da provincia para fomentar os hábitos saudables e a alimentación sa. Durante os últimos meses, centenares de nenos dos primeiros cursos tiveron a oportunidade de participar en talleres experimentais e coñecer todo o proceso que seguen as froitas, as hortalizas e as verduras desde que se recollen ata que chegan ao consumidor. Na súa visita recibiron explicacións sinxelas sobre as vantaxes saudables que reporta o consumo destes produtos, e aprenderon tamén como se almacenan e como se conservan á temperatura e humidade adecuadas, ademais de participar en casos prácticos de pesaxe, clasificación e envasado e gozar dunha zona de exposición na que puideron tocar e consumir a froita en diferentes preparados.
Os primeiros resultados reunidos sen pretensións científicas mostran unha clara preferencia dos escolares polos plátanos e as mazás, como froita habitual, e polas cereixas como froita de tempada. O kiwi, a pera e a sandía son sinaladas como as que menos gustan; e plátanos, mazás, cereixas e amorodos como as máis consumidas. Destaca que non todos os colexios mostran os mesmos rangos de resposta, aínda que hai tendencias compartidas.
Ver imaxe