Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

XUNTA DE ACCIONISTAS IGNACIO DE LAS CUEVAS, S. A.

29 Abril, 2016

Por acordo do Consello de Administración, convócase Xunta Xeral Ordinaria de accionistas da Sociedade Ignacio de las Cuevas, S. A., que se celebrará na sala de reunión do domicilio social, sito en Rúa dos Teceláns, nº 5, Ourense, en primeira convocatoria o día 31 de maio de 2016, ás doce horas, ou o día seguinte no mesmo lugar e hora, en segunda convocatoria.
Ver enlace

APERTURA DUNHA NOVA TENDA SPAR EN MOREIRAS

5 Abril, 2016

Grupo Cuevas inaugurou o pasado venres 1 de Abril un novo SPAR na localidade Ourensá de Moreiras (termo municipal de Toén), concretamente na Estrada Xeral Nº 68
O horario comercial de atención ao público será de luns a sábado de 9:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h.
Esta nova tenda SPAR dispón de 160 m2 de superficie comercial e poñerá a disposición dos seus clientes unhas 2.000 referencias de produtos, tanto da marca propia SPAR como de marcas líderes do mercado.
O novo establecemento ten 2 empregados e conta con seccións asistidas de carnicería, charcutería e frutería.
Grupo Cuevas é socio e distribuidor exclusivo nas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra da marca SPAR, recoñecida a nivel mundial pola súa aposta pola innovación e a calidade en produtos propios.
SPAR, é a maior organización a nivel mundial do comercio detallista, estando presente en 40 países e cunha rede de máis de 12.000 tendas.
Ver imaxe

FEIRA O POLÍGONO NUNCA VISTO

1 Abril, 2016

Con motivo do seu 50 Aniversario, a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao celebra en Expourense a feira O Polígono Nunca Visto os días 1 e 2 de abril. Frunatur e Cuevas e Cía estarán presentes cunha caseta. O horario da feira é ininterrompido de 9:00 a 20:30.