Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ARTUR YUSTE NOMEADO AO PREMIO EMPRENDEDOR DO ANO EY

28 Novembro, 2016

Na súa XXI edición, o Premio Emprendedor do Ano de EY nomeou o noso director xeral, Artur Yuste xunto con Pelayo de la Mata, presidente de Varma, e José Luis Calvo, presidente de honra do Grupo Calvo. Eles son os candidatos que representarán a Zona Centro no Premio Emprendedor 2016 de EY.
Artur Yuste i Tarragó, director xeral de Grupo Cuevas, Pelayo de la Mata y Pobes, presidente de Varma, e José Luis Calvo Pumpido, presidente de honra do Grupo Calvo, foron hoxe proclamados oficialmente como finalistas da XXI edición do Premio Emprendedor do Ano de EY 2016 en representación da Zona Centro. O encontro tivo lugar no Hotel Ritz de Madrid.
O acto de proclamación congregou en Madrid a máis de 100 personalidades do mundo empresarial e institucional, así como a finalistas de anteriores edicións deste galardón de EY, como Jesús Alonso, Presidente do Grupo Daniel Alonso (Premio Emprendedor do Ano
Ver imaxe

Máis información sobre o premio

PRESENTAMOS O NOSO 150 ANIVERSARIO

23 Novembro, 2016

O día 23 de novembro, presentamos ante os medios de comunicación na sede histórica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, a celebración do noso 150 aniversario durante o ano que vén.
O programa que se está ultimando outórgalles a máxima atención ás persoas, ao territorio e ás iniciativas sociais, culturais, deportivas e comerciais, baixo o lema “Mozos Centenarios”.
A conmemoración estará marcada polo “claim” que mellor define o que somos: “Mozos Centenarios”. Unha expresión que sintetiza á perfección a dualidade do noso carácter: innovación e emoción, modernidade e tradición, emprendemento e experiencia que alcanza a cifra de 150 anos.
No ámbito cultural imos elaborar unha gran reflexión creativa sobre a relatividade do tempo, coas achegas de artistas galegos, que participarán con distintas propostas e técnicas expresivas, sobre as que fallará un xurado especializado para outorgar o Premio Ignacio de las Cuevas. Unha selección de obras finalistas compoñerá unha exposición itinerante por Galicia na que participarán artistas e creadores.
Implicaremos tamén a sociedade galega neste 150 aniversario mediante varios eventos de “street marketing” nas cidades galegas nas que estamos presentes. Nestes eventos tentaremos articular experiencias exclusivas. E exclusiva será tamén unha gran gala conmemorativa compartida con todos os que nos acompañaron no camiño, que esperamos que sorprenda polo seu concepto. E o mesmo esperamos dunha xornada corporativa para todos os compañeiros que formamos Cuevas e que está pensada ao redor das emocións.
Lanzamos tamén o espazo web http://150aniversario.grupocuevas.com. Un sitio web que nos axudará a conectarnos con este fito histórico e que estará dispoñible a partir das 12.00 horas.
Esperamos que este 2017 nos sitúe en niveis históricos de emprego (estamos xa por riba dos 500 traballadores máis 200 indirectos) e de facturación.
“Neste 2017 poñeremos a atención nas persoas, o corazón na castaña, as enerxías no rural e o orgullo na nosa historia.” (Artur Yuste, director xeral).
SITE CONMEMORATIVOIMAGEN DA PRESENTACIÓN
Site conmemorativo

Imaxe da presentación