Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ARTUR YUSTE IMPARTE UNHA MASTER CLASS EN “LA MOLINERA”

30 Marzo, 2017

Con motivo da celebración do "Demo Day" no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera de Ourense, Artur Yuste impartiu unha master class aos participantes do primeiro coworking da EOI en colaboración coa Deputación de Ourense. Na súa exposición, o director xeral de Grupo Cuevas fizo fincapé en que "o máis importante é que, aquelo que fagamos, o fagamos con convicción".
Durante esta xornada, os emprendedores falaron da súa experiencia neste primeiro coworking e tamén expuxeron, debatiron e defenderon os seus proxectos.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS ACORDA COA XUNTA COMPARTIR UN PLAN ESPECÍFICO DE APOIO Á NATALIDADE

6 Marzo, 2017

O director xeral, Artur Yuste, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron o luns nas nosas oficinas en Ourense o convenio de adhesión do Grupo Cuevas ao programa “Tarxeta benvida”, que ofrece ás familias unha axuda de 1.200€ anuais e descontos e beneficios para os nenos durante o seu primeiro ano de vida. A rede de supermercados Aquié, Plenue e Aquí, ofrecerán un 3% de descontó a todos os titulares desta tarxeta facilitada pola Xunta, e ofrecerá a posibilidade aos novos país e nais de obter a auga gratis para o seu filla durante ese primeiro ano.
A iniciativa enmárcase nas accións anunciadas polo Grupo Cuevas para conmemorar o seu 150 aniversario, tendentes a priorizar a atención ás persoas e premiar a fidelidade das familias.
Despois da firma e de facer un percorrido polas instalacións da empresa, o conselleiro, acompañado por Artur Yuste, efectuou unha visita ao supermercado Aquié, na rúa Doctor Fleming de Ourense, para coñecer a tenda que fora distinguida no seu momento como unha das seis propostas máis innovadoras do mundo, e ver a exposición alí instalada titulada “A tenda de toda a vida”, que amosará obxectos históricos destes establecementos e que poderá ser visitada deica o 31 de marzo.
Ver imaxe