Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

O 150 ANIVERSARIO DO GRUPO CUEVAS ESTARÁ NO II TRAIL RIBEIRA SACRA

25 Setembro, 2017

Continuando cos actos en conmemoración do seu 150 aniversario, Grupo Cuevas estará presente na segunda edición desta proba deportiva que se erixe como unha cita anual para deportistas, familiares e amigos, amantes da montaña e que ofrece unha experiencia única.
Grupo Cuevas proporá este domingo día 1 de outubro, a quen decida visitar o punto neurálxico da proba situado en Luíntra, Nogueira de Ramuín, un espazo lúdico en forma de carpa, no que todas as persoas que o desexen poderán facer unha foto co fondo da Ribeira Sacra que elixan e levala impresa ao instante.
A carpa estará aberta ao público dende as 11.00 horas da mañá ata as 18.00 horas da tarde. Buscamos captar as imaxes máis divertidas dos Mozos Centenarios amantes do deporte e da natureza.
Coa súa presenza e apoio á segunda edición do Trail, Grupo Cuevas activa tamén o “alicerce” do ámbito deportivo como parte do programa de actos que se están desenvolvendo para conmemorar o seu 150 aniversario neste 2017.