Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

CUEVAS & CÍA MANTÉN ENCONTROS CON CLIENTES DE TODO O MUNDO NA ISM DE COLONIA

29 Xaneiro, 2018

Cuevas & Cía Marron Glacé móstranos a súa caseta na ISM de Colonia, situada no pavillón español (HALL 11.1) e xunto co ICEX ( J24) e na que está a manter encontros con clientes do Brasil, Xapón, Italia e Reino Unido, entre outros.
A ISM está a ser unha edición máis, o mellor e maior escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos.
Dirixida a un público especialista e profesional, formado esencialmente por compradores por xunto, onde se están a debater as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM, que nesta edición se presenta baixo o lema “O futuro e o corazón dos doces e snacks”, considérase a plataforma internacional de negocios e de comunicación máis importante do sector. É un punto de encontro para que pequenos e grandes provedores establezan relacións comerciais con empresas multinacionais e investidores de todo o mundo.
Caseta Cuevas & Cía
Stand Cuevas y Cía

VI CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS: APOSTANDO POLA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E AUTÓCTONA

26 Xaneiro, 2018

Por segundo ano consecutivo, o Grupo Cuevas abandera o VI Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” e que xirará ao redor dalgunhas das máximas que construíron a identidade do Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento, a alimentación sa e o seu firme compromiso co territorio e os produtos autóctonos.
Aula Gastronómica Grupo Cuevas
Un espazo no que experimentar, degustar e tamén no que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón o Grupo Cuevas xunto coa Consellaría do Medio Rural nesta edición de Xantar e na que terán lugar diferentes showcookings, degustacións, talleres e conferencias que proporán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora. Nesta aula desenvolveranse tamén os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado do VI Concurso Gourmet Grupo Cuevas.
Grupo Cuevas tamén colabora nesta edición co INORDE e o seu menú "Quilómetro 0" composto por produtos ourensáns de empresas ourensás.
Web Xantar

CUEVAS & CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ NUNHA NOVA EDICIÓN DA ISM DE COLONIA

18 Xaneiro, 2018

Cuevas & Cía Marron Glacé asistirá a unha nova edición da ISM de Colonia, a maior feira especializada do mundo en doces e aperitivos, que terá lugar do 28 ao 31 de xaneiro. A ISM, que se celebra unha vez ao ano en Alemaña, convértese no máis grande escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos, así como a presentación de novos artigos para picar.
Dirixida a un público especialista e profesional, formado esencialmente por compradores por xunto, debátense as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM, que nesta edición se presenta baixo o lema “O futuro e o corazón dos doces e snacks”, considérase a plataforma internacional de negocios e de comunicación máis importante do sector. É un punto de encontro para que pequenos e grandes provedores establezan relacións comerciais con empresas multinacionais e investidores de todo o mundo.
A oferta da feira complétase coa celebración de diferentes eventos e foros, como o “New Product Showcase”, para novos produtos; ou o “Innova Market Insights”, de tendencias; ademais de entregar os “ISM Awards”, cos que se valoran os méritos extraordinarios da industria do sector.
Na súa edición anterior, a feira contou con máis de 40.000 visitantes e 1.500 expositores.
Web ISM

O PROGRAMA “GALICIA VIVA” EN CUEVAS & CÍA

5 Xaneiro, 2018

O programa da Televisión de Galicia, "Galicia Viva", visitou as instalacións de Cuevas & Cía para coñecer de preto o delicado e paciente proceso de elaboración do Marron Glacé.
Susana Jardón, responsable de Calidade da compañía, foi a encargada de guiar ao equipo deste espazo diario e en directo que emite a televisión autonómica no seu percorrido polas 240 horas que precisa unha castaña para converterse na auténtica alma do bosque.
A primeira conexión pode visualizarse no minuto 26:40 e a segunda no 55:30.
Ver programa

GRUPO CUEVAS DESÉXAVOS FELIZ ANO NOVO

1 Xaneiro, 2018

Desde 1867 celebramos a noiteboa e o fin de ano
150 veces.
Esperamos aos Reis Meigos e á Lotaría
150 veces.
E ao ano novo e ao nadal
150 veces.
Dos que nacemos entón xa non queda ninguén. Pasaron
150 anos.
Pero seguimos confeitando a vida, e celebrámolo coa mesma ilusión do principio e o afán de sempre.
150 anos despois.
FELIZ 2018
Ver felicitación