Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

GÚSTAME A COCIÑA, UN NOVO CONCURSO EN REDES SOCIAIS

26 Marzo, 2018

Apaixónate a cociña galega? Vives pensando no cocido da avoa do domingo ou neses callos aos que só ti lles tes collido o punto exacto do picante.
Pois se che gusta a cociña, o noso concurso en redes sociais vaiche encantar. Simplemente terás que comentar no “post” do concurso, na nosa conta de Facebook ou Instagram cal é o prato típico galego que máis che gusta e acompañalo cos cancelos #Gústameacociña e #ProdutoGalego. Sinxelo, verdade?
De cada rede social, Facebook e Instagram, sairá un gañador/a que levará un marabilloso MANDIL de Grupo Cuevas personalizado co nome que elixa!
O prazo para participar comeza ás 12:00 de hoxe e finaliza o luns 9 de abril ás 12:00h.
Moita sorte a todos/ as!
Ver bases legais

GRUPO CUEVAS ABRE EN QUIROGA O MAIOR SUPERMERCADO PLENUS DE GALICIA

7 Marzo, 2018

A expansión dos supermercados Plenus que impulsa o Grupo Cuevas por toda Galicia chega mañá, xoves día 8 de marzo, á localidade lucense de Quiroga (3.300 habitantes). A nova tenda ocupa unha nave completa cunha superficie total de 1.089 metros cadrados construídos nunha parcela independente da localidade lucense, e dispón dunha sala de vendas de case 800 metros cadrados. A oferta comercial complétase cun aparcadoiro subterráneo propio e gratuíto, e quince empregos que forman o equipo responsable do servizo.
Cun horario ininterrompido da mañá á noite, entre luns e sábado, ofrecerá cinco mil referencias e seccións de carnizaría, chacinaría, peixaría, froitaría, lácteos, conxelados e seco, cunha atención especial de panadería.