Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

NOVO ANUNCIO GÚSTAME IR AO SÚPER

31 Decembro, 2019

Coa chegada dun novo ano, estreamos tamén un novo anuncio para a nosa rede de supermercados Aquié, Plenus e Aquí. Queremos axudarche a cumprir aqueles propósitos que te propoñas para o novo ano e estamos convencidos de que poderemos facelo desde calquera das nosas tendas.
Ver anuncio

SORTEAMOS UNHA CÁMARA LOMO INSTANT MUMBAI NAS REDES SOCIAIS DE GÚSTAMEIRAOSÚPER

4 Decembro, 2019

O Nadal xa está ao virar a esquina e nas redes sociais "Gústame ir ao Súper" queremos celebralo ao grande. Por iso poñemos en marcha hoxe un sensacional SORTEO DE NADAL dunha cámara Lomo Instant Mumbai Edition. Porque queremos que gardes as mellores imaxes deste Nadal no teu peto. Só tes que seguir estes sinxeliños pasos:
1) Comentar na publicación do sorteo que atoparás en Facebook e Instagram con quen te farías a primeira foto de Nadal se foses o gañador desta magnífica cámara.
2) Etiquetar a dous amigos no comentario que fagas.
3) Compartir esta publicación.
4) E moi importante! O premio desta acción promocional deberá ser recollido presencialmente na nosa rede de supermercados en GALICIA. Así que esperamos ao gañador ou gañadora nos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí.
Sinxelo verdade? Pois non hai tempo que perder, xa se pode participar desde agora mesmo ata o próximo 18 de decembro ás 11:59.
Podes consultar aquí as bases legais

COLABORAMOS COA OPERACIÓN QUILO DA ASOCIACIÓN AMENCER

20 Novembro, 2019

Un ano máis colaboraremos coa "Asociación Amencer" para a OPERACIÓN QUILO colocando carriños con este fin na nosa rede de supermercados da cidade de Ourense. Estarán dispoñibles para este fin desde o 25 de novembro e ata o 20 de decembro.

GÚSTAME IR AO SÚPER COAS ANTIGAS RECEITAS DO SANMIGUEL

29 Outubro, 2019

As mellores receitas dos pratos do histórico restaurante Sanmiguel chegarán cada domingo aos lectores da Rexión, na sección AXENDA. Os mellores pratos dun clásico ourensán, o restaurante Sanmiguel, estarán ao alcance de todos os lectores da Rexión cada semana. A primeira receita, un caldo de castañas, foi a primeira entrega dunha colección que se publica en colaboración co Grupo Cuevas.
Facendo honra ao espírito Sanmiguel, que baseaba a súa cociña nas especialidades de cada tempada, as próximas semanas estarán dedicadas a pratos típicos relacionados coa castaña, produto típico de San Martiño.
As receitas de cada semana incluirán o grao de dificultade de cada prato, a duración da preparación, compoñentes, pasos a seguir… "O obxectivo é que a xente os vaia gardando e esperamos co tempo completalo cun libro da historia sobre o que foi o Sanmiguel, como se formou, a xente que pasou por alí…", di. Santiago Martínez e a súa muller, Loli Seijas, lembran grandes historias tanto no restaurante, todo unha revolución gastronómica en Ourense, cando a cidade aínda estaba por desenvolverse, como os servizos de cáterin.
Ver receita