Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ARTUR YUSTE PARTICIPA NO V ENCONTRO 100 CONSELLOS 2019

20 Febreiro, 2019

Hoxe celebrouse o V Encontro para Directivos Líderes de Galicia: 100 Consellos 2019. No Palacio de Congresos de Santiago. Este foro, no que se dan cita empresarios de toda Galicia, permite ofrecer a súa perspectiva e experiencia na dirección de diferentes empresas de diversos sectores.
Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, defendía que os 150 anos de vida débense ás catro xeracións dunha familia que soubo profesionalizar a firma e ás persoas, valor fundamental das empresas. Sinalou que para el "conciliar é imposible", apostando por "divertirse", pois "o 60 % das 120 horas que estou esperto á semana traballo" . Sobre igualdade indicou que "na miña empresa non traballan homes e mulleres, traballan persoas. Non diferencio".

ESTREAMOS A APP PARA O MÓBIL GÚSTAME IR AO SÚPER

6 Febreiro, 2019

Sabías que xa podes levar no teu móbil a tarxeta cliente dos supermercados de Grupo Cuevas? Desde hoxe lanzamos a App para o móbil “Gústame ir ao Súper”. Unha aplicación para os nosos clientes fidelizados de Aquié, Plenus e Aquí que lles permitirá levar sempre no peto a súa tarxeta cliente e todas as vantaxes asociadas a ela. Cupóns aforro, promocións, folletos de oferta e o seguimento de todas as compras realizadas ao instante son só algunhas das funcionalidades desta aplicación móbil que está xa dispoñible nas Play Store de Google e Ios. Se a descargas agora, recibirás un cupón desconto de 5 euros* para gastar no que ti queiras. Comeza a gozar de todas as vantaxes da App “Gústame ir ao Súper”. *O cupón de 5 euros estará dispoñible unicamente na App Gústame ir ao Súper e será trocable en compras superiores a 20 euros. Promoción válida ata o 20/03/2019. Máis información

CHEGA SAN VALENTÍN A GÚSTAME IR AO SÚPER

4 Febreiro, 2019

Ai!, o mes do amor chegou aos nosos supermercados e queremos botarlle unha man a Cupido.
A partir de hoxe, e so si tes a nosa tarxeta cliente, por cada compra superior a 20€ que fagas en cualquera dos nosos súper Aquié, Plenus ou Aquí, tendrás a oportunidade de participar no sorteo de 3 estancias nun SPA para dúas persoas.
Concursar é moi sinxelo, únicamente debes encher a boleta que che entregarán en caixa cos teus datos e, anotar unhas verbas de amor: unha dedicatoria, un poema, unha canción… ti elixes!
Promoción válida desde o luns 4 ata o xoves 14 de febreiro.
Consultar bases legais