Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

SPAR ESPAÑOLA LANZA A APP “SABER ELEGIR”

26 Marzo, 2019

Tes algún tipo de intolerancia alimentaria? A miúdo te atopas diante do lineal do súper e non sabes que produtos podes consumir de forma segura? Pois agora grazas á nova aplicación de Spar Española, ao escanear un produto SPAR co teu móbil saberás inmediatamente os alérxenos que contén, as súas características nutricionais e mesmo información do fabricante.
Descárgaa xa e entra no sorteo de 5 robots de cociña Moulinex!
Descarga para IOS: https://goo.gl/LBV7T8
Descarga para Android: https://goo.gl/DwXrBj
Ver imaxe concurso

TOMAMOS UN TÉ? MELLOR 3!

12 Marzo, 2019

Lembras a nosa campaña #SacaUnDezCadaDía? En Gústame ir ao Súper somos ben teimudos e queremos que teñas un sobresaliente. Por iso, agora, propómosche outro hábito diario que che vai mellorar a vida: 3 cuncas de té!
A partires desta semana, nos nosos supermercados Aquié, poderás descubrir grandes curiosidades sobre o mundo do té. Por exemplo, sabías que é a bebida máis consumida no mundo, despois da auga?
Ademais, nas exposicións terás ocasión de ver de perto as plantas de Camellia Sinensis, das que se obtén o té, e aprender outras moitas singularidades. Agardámoste!
Ver imaxe da exposición