Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

PLENUS A POBRA ENVÍA UNHA MENSAXE DE ESPERANZA

26 Marzo, 2020

Xuntos somos máis fortes! Hai moitos anos que o leva cantando Juan Pardo, pero é que agora mesmo, esta canción ten máis sentido ca nunca.
Queremos compartir con vós un vídeo que nos fixeron chegar as compañeiras de Plenus A Pobra e que sabemos que está feito desde o corazón, e que representa o sentimento de todos os que formamos Grupo Cuevas.
É o momento de colaborar, de sumar, de ser solidario e de arrimar o ombreiro. Todos somos esenciais e temos moito que aportar; desta situación sairemos todos xuntos!
GRAZAS a Almudena, Belén, Maribel, Maricarmen, Cristina, Patricia, Nerea e Maite por ter compartido este traballo tan fermoso.
Moi atentos!
Ver vídeo

AQUIÉ HÓRREO TROCARÁ OS TICKETS SOCIAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO

Grupo Cuevas vén de asinar un acordo co Concello de Santiago de Compostela polo cal, o noso supermercado Aquié desta cidade, será un dos centros adheridos ao programa social posto en marcha polo consistorio compostelán.
Os servizos sociais do Concello de Santiago van distribuír " tickets sociais de compra" destinados a persoas en situación de vulnerabilidade social e cuxo uso será a adquisición de produtos alimentarios de primeira necesidade.
O noso supermercado Aquié Hórreo loce xa un distintivo polo cal, é un centro autorizado para trocar estes tickets por alimentos como pan, ovos, carne ou pastas, entre moitos outros así como para produtos de hixiene como xeles ou cueiros.
Ver distintivo

AQUIÉ PORRIÑO AMÓSANOS O SEU LADO MÁIS HUMANO

Como cada tardiña, ás 20:00h, os veciños da rúa O Pinar, no Porriño, saen aos balcóns a aplaudir o enorme esforzo de todos os traballadores que están facendo esta situación de confinamento máis levadeira.
E, por suposto, as nosas compañeiras de #AquiéPorriño tamén se unen a eses aplausos, e mesmo ao baile! Vaia ambientazo hai neses balcóns! Atentos á súa coreografía!
#XuntosMáisFortes #QuedaNaCasa
Ver noticia

POR UNHA COMPRA SEGURA, PARA TODOS

23 Marzo, 2020

Proporcionar alimentos e produtos de primeira necesidade á poboación é unha función esencial. Os equipos que che atenden nos distintos centros da nosa rede de establecementos: Aquié, Plenus e Aquí está a levar a cabo un gran traballo, pero necesitamos da túa axuda. Seguindo estas sinxelas NORMAS, beneficiámonos todos.
Moitas grazas por colaborar connosco e por facer unha compra responsable!
Ver NORMAS

COLABORAMOS CON AJE NO SERVIZO A DOMICILIO PARA MAIORES

16 Marzo, 2020

Desde o luns día 16 de marzo, Grupo Cuevas, en alianza con AJE, está a dar servizo a un dos colectivos máis vulnerables nesta situación de crise sanitaria polo Covid-19.
Os maiores de 65 anos residentes en Ourense e que o precisen, poden chamar ao 988 011 374, de luns a venres en horario de 10.00 a 18.00 horas para realizar os seus pedidos de compra de alimentos. Un voluntario de AJE recolle o pedido e fáinolo chegar á nosa tenda Aquié da rúa Doutor Fleming de Ourense. Alí realízase a preparación do pedido e inclúese nos roteiros de repartición a domicilio habituais.
Máis información na noticia adxunta.
Ver noticia