Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS MEDRA UN 13,1% E FACTURA 125 MILLÓNS NO EXERCICIO MÁIS EXPANSIVO DA SÚA HISTORIA

29 Xuño, 2021

"En Grupo Cuevas propuxémonos non lembrar 2020, nin os anos seguintes, pola pandemia e os seus efectos ou consecuencias, senón por fitos como alcanzar a maior dimensión de emprego nos 154 anos de historia da compañía, fortalecer o apoio ás familias, materializar o traslado á nova sede e continuar co despregamento en zonas rurais que carecen de alternativa empresarial”. Na presentación de resultados realizada esta mañá nas novas instalacións da Cidade do Transporte (San Cibrao das Viñas), o director xeral da compañía, Artur Yuste, antepuxo o compromiso social, laboral e produtivo aos resultados económicos, nun exercicio con novos récords de emprego, facturación e beneficio, e de consolidación do fluxo investidor.
Máis información nas notas de prensa.
Ver imaxe

Ler nota de prensa

Ler nota de prensa – Cuevas Cash

Ler nota de prensa – Hábitos de consumo

OS NOSOS SUPERMERCADOS ESTÁN XA NA APP DCOUPON

24 Xuño, 2021

Estamos felices de comunicarvos que os nosos supermercados Aquié, Plenus e Aquí xa son puntos de venda nos que se poden trocar os cupóns e promocións da APP dcoupon.
E que é dcoupon?
É unha aplicación para descargar no móbil que permite trocar cupóns desconto ou promocións de fabricantes nos nosos supermercados. Entra na APP, consulta os cupóns dispoñibles e cando pases por caixa a pagar goza dun desconto directo nas túas compras!
Queres saber máis da APP de dcoupon?
Descárgaa xa e aforra con nós!
Ver imaxe

Descarga para Android

Descarga para IOS

Consulta aquí todos os nosos puntos de venda

ABRIMOS UN NOVO SPAR EXPRESS EN SILLEDA

23 Xuño, 2021

Benvido Spar Express Silleda! Incorporamos á nosa rede de franquiados a unha nova tenda situada no Lugar de Gorís, nº 42; Lamela. Silleda.
A nova franquía, de 120 m2, conta cos exclusivos produtos da nosa marca branca Spar así como unha selección de primeiras marcas de fabricante e seccións de charcutería, froitería e panadería. Un equipo de dúas persoas encargarase de atender ao público de luns a sábado de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e os domingos de 10.00 a 14.00 horas. Os xoves pola tarde estará pechado por descanso do persoal.
Benvidos á familia de Grupo Cuevas!
Ver imaxe