Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

O PROGRAMA “FUN POLO AIRE” CONECTA EN DIRECTO DESDE A PLATAFORMA LOXÍSTICA DE GRUPO CUEVAS

28 Xaneiro, 2021

A cobertura actual, de 115 rutas semanais, está a permitir o correcto abastacemento de pequenos núcleos poboacionais que non se poden desprazar ás cabeceiras comarcais.
En Grupo Cuevas, ademais das insignias propias: Aquié, Plenus, Aquí, Cuevas Cash e as franquías #SparExpress, tamén abastecemos de mercadoría a pequenas tendas rurais, o que en conxunto permite dar servizo de xeito único a preto dun 15% da poboación galega censada en concellos con menos de 2.000 habitantes.
Se non tiveches a ocasión de velo en directo, podes facelo premendo no seguinte enlace (min. 38:10):
Ver programa

PLNEUS AVDA. ZAMORA NO TELEXORNAL DE TVG

As novas medidas restritivas están ocasionando cambios nas tendencias no consumo alimentario. Cada vez son máis os clientes que, por motivos de seguridade, deciden realizar os pedidos desde a casa. Desde Plenus Avda Zamora, a nosa compañeira, María Paradela compartiu co equipo do Telexornal, da Televisión de Galicia, cales están a ser os produtos máis demandados e como estamos a reforzar o noso equipo para dar un mellor servizo tras o incremento dos pedidos a domicilio.
A partir do minuto 41:17
Ver programa

GRUPO CUEVAS INCREMENTOU A SÚA FACTURACIÓN E O EMPREGO POR ENCIMA DO 130% EN APENAS DOCE ANOS

19 Xaneiro, 2021

O director xeral de Grupo Cuevas, Artur Yuste, agradeceu “a quen nos precedeu” e ao actual equipo, do que sente “orgulloso”, a súa contribución a que a compañía poida cumprir 154 anos e alcance resultados que están por encima do dobre dos que rexistrou en 2008. Durante a súa intervención diante dos asistentes á inauguración da nova plataforma, en San Cibrao, avanzou as estimacións dos principais indicadores económicos do grupo en 2020, e destacou a importancia do sector agroalimentario para o futuro de Ourense e Galicia.
Ver imaxe

Ler nota de prensa

Ver galería de imaxes

GRUPO CUEVAS INAUGURA A SÚA NOVA SEDE NA CIDADE DO TRANSPORTE CUN AVANZADO CENTRO LOXÍSTICO

18 Xaneiro, 2021

Grupo Cuevas inaugurará mañá o complexo empresarial que marca un fito nos xa 154 anos da compañía ourensá e que representa a unión perfecta entre tradición, natureza, medio ambiente, contorna, modernidade, tecnoloxías avanzadas e sistemas ecoeficientes. A maior planta da Cidade do Transporte, no Polígono de San Cibrao, pasa a converterse, polo seu deseño, funcionalidade e características do proxecto, nun referente para o sector empresarial galego e en particular para o novo concepto de distribución alimentaria. A nova instalación substitúe á sede de Ou Vinteún, na que Grupo Cuevas operaba desde 1978.
Ver imaxe

Ler nota de prensa