Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

ADIANTAR AS COMPRAS DE NADAL TEN PREMIO!

2 Novembro, 2021

As datas do Nadal vanse aproximando e… desde os nosos súper Plenus e Aquié queremos axudarche a facer que a compra destas festas sexa máis económica. Como o faremos? Regalándoche un vale de 20 euros para gastar entre o 20 de decembro de 2021 e o 8 de xaneiro de 2022.
Conseguilo é moi sinxelo. Se vas adiantando as compras que vaias necesitar para celebrar o Nadal, entre o 2 de novembro e o 18 de decembro, e consegues acumular un mínimo de 500 euros en tíckets, o noso cheque Nadal será teu. Consulta a nosa variedade en turróns, delicias do Nadal, lagostinos, vieiras, gambas da nosa sección de conxelado, a selección de panettones de chocolate ou de froitas, os polvorones recentemente chegados aos nosos lineais… E todas as cousas ricas que se coman na túa casa polo Nadal.
Lembra, acumularemos as túas compras desde o 2 de novembro e ata o 18 de decembro e se chegas a 500 euros, o cheque Nadal de 20 euros, é teu.
Ver cartel