Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

A CRISE ANIMOU AS EXPORTACIÓNS, QUE CRECERON UN 22% EN OURENSE

15 Febreiro, 2015

A caída do mercado interno abriu o camiño á internacionalización con vendas por valor de 756 millóns en 2013.
O estallido da crise de finais do 2007 supuxo un brusco frenazo na liña ascendente do mercado interior. Desde entón o consumo interno esborrallouse e comeza a recuperarse moi lentamente. Moitas empresas viron na exportación unha táboa de salvación para garantir a súa viabilidade e tanto o goberno central como a Xunta levan anos con programas de estímulo á internacionalización das empresas, pero foi a necesidade a que empuxou ás empresas a ofertar os seus produtos fóra de España ao ver que dentro xa non tiñan saída. Segundo datos da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade as empresas ourensás gañaron paulatinamente mercado exterior desde o ano 1995 e desde o estallido da crise creceron un 22% ata o 2013, último ano do que existen datos definitivos.
Cuevas e Cía é unha empresa que pertence ao Grupo Cuevas e que como tal sociedade opera desde o ano 1980, pero xa con anterioridad a empresa vendía no exterior os seus produtos. “A exportación está no noso ADN”, di Maite González, xerente da empresa que elabora o Marron Glacé. Este produto comercialízase en 25 países, o que supón dedicar o 20% da produción anual á internacionalización. A xerente da compañía recorda que “exportar non é chegar e bicar o santo, fai falta tempo e paciencia e, ademais, os seguimentos son moito máis custosos e os investimentos, fortes”.
La Región, domingo 15 de febreiro de 2015, páxina 2 e 3.