Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

SORTEO DE SAN VALENTÍN NAS NOSAS REDES SOCIAIS

5 Febreiro, 2020

SORTEO SAN VALENTÍN!
Xa está aquí un dos sorteos máis románticos do ano! Foi chegar febreiro e en Gústame ir ao Súper empezamos a ver corazoncitos por todas partes.
Como nos encanta botarlle unha man a Cupido, este ano decidimos sortear unha deliciosa cesta de San Valentín para que a compartas con quen ti queiras.
Que como podes conseguila? Pois moi fácil, para participar no sorteo só tes que acceder á nosa páxina de fans en Facebook ou ó noso perfil de Instagram e seguir as sinxelas instrucións que che indicamos, paso a paso.
Tes de prazo para participar ata o vindeiro mércores 12 de febreiro ás 12:00 h. Participa xa, que logo se che esquece!
Consulta aquí as bases legais

ABRIMOS UN NOVO SPAR EXPRESS EN OURENSE CIDADE

20 Xaneiro, 2020

Este luns día 20 de xaneiro abrimos as portas dun novo punto de venda. Nesta ocasión trátase dunha tenda franquiada Spar Express que está situada na Avenida de Zamora 136, da cidade de Ourense.
A tenda, duns 200 metros cadrados, conta con produtos da marca Spar e con seccións de frescos como peixaría, carnicería e frutería.
Estará aberto de luns a sábado de 9.00 a 12.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Tamén abrirá os domingos pola mañá de 9.30 a 14.00 horas.
Ver tenda

GRUPO CUEVAS ABANDERA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO GOURMET DE XANTAR

17 Xaneiro, 2020

Grupo Cuevas abandera unha nova edición do Concurso Gourmet que se desenvolverá no marco de actividades do 21º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “ Xantar”.
No VIII Concurso Gourmet Grupo Cuevas, impulsaremos fortemente o emprego da castaña que chegará ás cociñas do “Aula Gastronómica Cuevas” en “ Xantar” da man das elaboracións que se presenten por parte dos participantes finalistas en cada unha das categorías que se habilitaron para tal fin: profesionais, semiprofesionales e afeccionados á cociña. Nesta edición, o obxectivo do concurso virará ao redor da promoción da cociña autóctona con especial atención á castaña e a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade.
O certame gastronómico reunirá as propostas máis novas e orixinais interpretadas a través de persoas cuxo papel na cociña é ben diferente. Poderemos degustar receitas de participantes que fan da cociña o seu modo de vida profesional. Tamén haberá espazo para todas aquelas iniciativas que, sen pertencer ao ámbito profesional, proceden de ámbitos ligadas á gastronomía ou teñen formación entre fogóns. E finalmente, na sección afeccionados, gozaremos de pratos caseiros e de ideas que poderían formar parte do menú dunha familia.
Aula Gastronómica Grupo Cuevas
Unha aula na que experimentar, degustar, sorprendernos e tamén na que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón Grupo Cuevas no a 21ª celebración de Xantar e no que terán lugar diferentes showcookings, demostracións, degustacións, presentacións, talleres e conferencias que propoñerán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña ourensá e galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora. Tamén veremos neste espazo aos participantes do VIII Concurso Gourmet Grupo Cuevas aplicar a castaña durante os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado.
Os gañadores desta edición poderán gozar de premios en forma de vales de compra que poderán trocar nos centros cash and carry, Cuevas Cash e na rede de supermercados “Gústame ir ao súper” formada polas marcas: Aquié, Plenus e Aquí.
Se queres participar, aínda estás a tempo.
Consulta aquí as bases legais

NOVO ANUNCIO GÚSTAME IR AO SÚPER

31 Decembro, 2019

Coa chegada dun novo ano, estreamos tamén un novo anuncio para a nosa rede de supermercados Aquié, Plenus e Aquí. Queremos axudarche a cumprir aqueles propósitos que te propoñas para o novo ano e estamos convencidos de que poderemos facelo desde calquera das nosas tendas.
Ver anuncio