Aquié, o supermercado onde todo ten sentido

Gústanos dicir que temos unha tenda “con filosofía” na que todo ten sentido. Combinamos innovación, tecnoloxía, coñecemento, deseño, espazos acolledores e opcións sorprendentes, para facilitar a túa compra diaria. Asumimos compromisos explícitos cos nosos clientes, eliminamos a rutina e propoñemos novas fórmulas para facer a compra máis rápida ou minuciosa e con abundante información para o consumo responsable.

Facemos a túa compra divertida

Gústanos ser orixinais en todo o que facemos e promocionar a cultura galega, por iso ofrecemos aos nosos clientes pequenas chiscadelas en forma de exposicións para que facer a compra sexa algo divertido.

Aquié e a súa filosofía

Todos merecemos un supermercado diferente, pensado para que facer a compra poida ser unha experiencia agradable, interesante, saudable e sorprendente, sen que teñas que pagar máis por iso. Cada día. Todos os días. Velaquí o tes. Creámolo para ti. Gózao!.

SPAR, a nosa marca branca en exclusiva para Galicia

Pomos a disposición dos nosos clientes, cada día, máis de 1.800 referencias de produto da marca Spar. E facémolo en exclusiva para toda Galicia.

Grazas ao noso acordo con Spar Española, toda a rede de supermercados do Grupo Cuevas dispón hoxe de referencias desta marca de prestixio e excelente relación calidade-prezo en produtos de alimentación seca; conservas de peixe e de carne, e pratos preparados; refrixerados, lácteos e pratos cociñados; conservas vexetais, froitas e encurtidos; leite, batidos e ovos; conxelados; mascotas…; e a familia de perfumaría e drogaría baixo a marca “Sensations”.

canal cociña e dieta atlántico galega

Accede a unha gran variedade de receitas, todas elas sas e equilibradas, elaboradas por un equipo de nutricionistas e seleccionadas para que cada día poidas ter unha alimentación saudable.

Estas son algunhas das nosas receitas:

Contacta con nós

Podes poñerte en contacto con nós para calquera consulta ou opinión a través destes medios.

Rúa dos Teceláns, 5
Zona Industrial “el 21”
32001 Ourense – España
Ver mapa

Tel +34 988 211 013
Tel +34 988 510 015
Fax +34 988 214 045

Fainos chegar a túa opinión ou suxerencias a:
info@grupocuevas.com