Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

ARTUR YUSTE NOVO SECRETARIO DA A.E. POLÍGONO SAN CIBRAO

23 Marzo, 2012

A Xunta directiva da Asociación de empresarios do Polígono de San Cibrao elixiu a Artur Yuste, director xeneral do Grupo Cuevas, secretario da Asociación, para substituír a César Alberte, que desempeñou o cargo durante os vinte últimos anos.
A substitución prodúcese nunha etapa especialmente importante para o Polígono, na que a Xunta directiva deberá afrontar, de forma inmediata, obxectivos e xestións cuxo resultado será determinante para o futuro do recinto industrial, entre eles a mellora de comunicacións, co acceso á A-52; a xestión de residuos, con construción da planta de transferencia; e a solución ás verteduras, para os que a Asociación última un Plan integral que abarca medidas de concienciación, proxectos técnicos, accións disuasorias, actuacións legais e un novo rexistro de intencións empresariais.
Ampliar información