Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

ARTUR YUSTE PARTICIPA NO V ENCONTRO 100 CONSELLOS 2019

20 Febreiro, 2019

Hoxe celebrouse o V Encontro para Directivos Líderes de Galicia: 100 Consellos 2019. No Palacio de Congresos de Santiago. Este foro, no que se dan cita empresarios de toda Galicia, permite ofrecer a súa perspectiva e experiencia na dirección de diferentes empresas de diversos sectores.
Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, defendía que os 150 anos de vida débense ás catro xeracións dunha familia que soubo profesionalizar a firma e ás persoas, valor fundamental das empresas. Sinalou que para el "conciliar é imposible", apostando por "divertirse", pois "o 60 % das 120 horas que estou esperto á semana traballo" . Sobre igualdade indicou que "na miña empresa non traballan homes e mulleres, traballan persoas. Non diferencio".