Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

ARZAK, UN GRANDE DA COCIÑA, NO FORO DA CASTAÑA

10 Setembro, 2012

O próximo luns, día 10 de setembro, Juan Mari Arzak (xullo 1942) chega a Ourense por primeira vez, convidado polo Foro estable creado polo Grupo Cuevas e o INORDE, coa castaña como principal protagonista.
Do apreciado produto dos bosques ourensáns e da súa achega á gastronomía, dos seus gustos, do banco de sabores que posúe no seu restaurante, de como nacen os novos pratos na alta cociña, das súas grandes receitas, da súa traxectoria vital, da súa experiencia nas mesas máis importantes da vida española, do futuro da restauración, da súa paixón polas empanadas, de por que non pode comer pulpo…. ou como situar un restaurante entre os dez mellores do mundo, son algúns dos temas dos que falará en Ourense. A castaña terá un protagonismo especial na súa intervención, por tratarse dun produto que o xefe de cociña vasco foi incorporando constantemente ás súas receitas, con singulares e persoais preparacións.
O acto terá lugar no Centro Cultural Simeón ás 20:30. Entrada gratuíta.
Ver anuncio