Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

AS PARELLAS DEBEN ANDAR XUNTAS E “AQUI” SABEMOS COMO CONSEGUILO…

6 Febreiro, 2012

Nos supermercados Aqui/Aquié estamos levando a cabo unha curiosa campaña de San Valentín e sorteamos entre os nosos clientes unha espectacular bicicleta tándem vermella que podes ver exposta nos centros Aquié de Ourense (Rúa Doctor Fleming Nº30) e en O Porriño (en Rúa Pinar Nº2).
Ao abonar a túa compra en caixa e ensinar o túa tarxeta cliente, recibirás un cupón. Escribe no cupón unha gabanza, a máis bonita, a máis graciosa ou a máis romántica que se che ocorra e deposítao na urna da promoción.
Con todos os cupóns recibidos realizaremos dous sorteos, un entre os clientes dos nosos centros da provincia de Pontevedra e outro entre os clientes dos centros da provincia de Ourense.
A data tope de recepción de cupóns é o sábado 11 de febreiro. Os gañadores serán informados telefonicamente da hora da entrega do tándem, que se realizará o 14 de febreiro.
As parellas deben andar xuntas e “AQUI” sabemos como conseguilo… XUNTOS EN TÁNDEM!
Ver imaxe da campaña

Ver galería