Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Archivos

OS BICHOJITOS MÁIS DIVERTIDOS CHEGAN AOS NOSOS SUPERMERCADOS

29 Setembro, 2020

Os bichojitos luminosos viñeron para quedar nos nosos supermercados. Abellas, bolboretas, arañas, xoaniñas, caracois… ti elixes o que máis che guste! Son grandes amigos da nosa mascota Floriposa e farán as delicias dos máis pequenos da casa. Peluches moi suaves e con ollos luminosos, reloxos coa túa mascota favorita, ou quentiñas zapatillas da casa e pixamas para protexerse do frío. Unha completa colección que xa podes conseguir nos nosos supermercados reunindo puntos coas túas compras. Lévaos agora cun prezo especial. Descontámosche o 50% do seu prezo orixinal! Infórmate no teu supermercado habitual ou descarga aquí a túa cartilla de puntos.
Vai por eles que voan!
Promoción válida ata o 15 de xaneiro de 2021 ou fin de existencias (10.079 unidades).

QUERES UN “SÚPER-CHEQUE” DE 18, 15 OU 12 EUROS?

15 Setembro, 2020

Durante o próximos tres meses ser cliente de Gústame ir ao Súper ten premio! Desde hoxe e ata o próximo 30 de novembro, todas as compras que fagas nos supermercados Aquié, Plenus e Aquí iranse acumulando de tal forma que, no mes de decembro, e segundo o teu consumo, terás un Súper Cheque por un importe de 12€, 15€ ou 18€ para gastar no teu súper habitual. E o mellor de todo é que… Ti non tes que facer máis nada que seguir comprando como sempre! Infórmache na túa tenda habitual e consulta os establecementos adheridos a esta promoción.

SE AMAS A COCIÑA, ESTES SON OS COITELOS QUE PRECISAS

18 Febreiro, 2020

A rede de supermercados GústameiraoSúper pon á túa disposición unha exclusiva colección de coitelos que non poden faltar na túa cociña. Co selo de calidade de San Ignacio, faite con esta colección que poderás conseguir ao 50% do seu prezo de venda habitual.

Construídos en aceiro inoxidable de alta gama combinando aliaxes de carbono, molibdeno e vanadio, os coitelos da colección Jávea serán un imprescindible para a preparación dos mellores pratos. Dotados dunha folla de gran resistencia á corrosión e unha gran dureza, estes coitelos foron deseñados para que adores o momento de cociñar. Non podemos esquecer a súa extraordinaria capacidade de corte.

Faite xa con todos os modelos da colección dunha forma moi sinxela. Por cada 5 euros de compra que realices en calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí, entregarémosche un punto que poderás pegar na cartilla que atoparás na nosa zona de caixas. Reúne os cinco puntos necesarios e adquire o utensilio que desexes. O primeiro punto, regalámoscho nós.

Queres ver a colección de preto? Xa está dispoñible na nosa rede de supermercados de toda Galicia.

Promoción válida ata o 27 de maio ou fin de existencias.
Consulta todas as condicións na túa tenda habitual.

SORTEAMOS 200 XOGOS DE FLORIPOSA E OS SEUS AMIGOS

30 Agosto, 2019

Sabemos que o mellor de volver ao cole é atoparche de novo cos teus amigos e xogar sen parar, tamén no patio!

Queremos que as nenas e nenos de Gústame ir ao Súper gocen da volta ao cole deste ano divertíndose cos seus amigos alí onde queiran. Por iso, estamos a desexar que nos contedes cal é o seu xogo favorito cando van ao cole.

Participa enchendo a papeleta que che entregaremos nos nosos supermercados coas túas compras superiores a 20 euros. Entre todos os participantes sortearemos 200 xogos de Floriposa e os seus amigos.

Esta promoción é válida só para clientes con tarxeta “Gústame ir ao Súper” e estará vixente do 4 ao 23 de setembro.

Queres cociñar como un verdadeiro chef? Esta é a túa colección

23 Abril, 2019

A rede de supermercados MeGustairalSúper pon á túa disposición unha exclusiva colección de tixolas e cacerolas que non poden faltar na túa cociña. Co selo de calidade de San Ignacio e Masterpro, faiche coas pezas desta colección que poderás conseguir ao 50% do seu prezo de venda habitual. Conseguir a colección é moi sinxelo. Por cada 5 euros de compra que realices en calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí, entregarémosche un punto que poderás pegar na cartilla que atoparás na nosa zona de caixas. Reúne os cinco puntos necesarios e adquire o utensilio que desexes. O primeiro punto, regalámoscho nós.

Queres ver a colección de preto? Xa está dispoñible na nosa rede de supermercados de toda Galicia.

Promoción válida ata o 10 de xullo ou fin de existencias.
Consulta todas as condicións na túa tenda habitual.