Campañas

Todo con el fin de que tu compra sea más divertida

SE AMAS A COCIÑA, ESTES SON OS COITELOS QUE PRECISAS

A rede de supermercados GústameiraoSúper pon á túa disposición unha exclusiva colección de coitelos que non poden faltar na túa cociña. Co selo de calidade de San Ignacio, faite con esta colección que poderás conseguir ao 50% do seu prezo de venda habitual.

Construídos en aceiro inoxidable de alta gama combinando aliaxes de carbono, molibdeno e vanadio, os coitelos da colección Jávea serán un imprescindible para a preparación dos mellores pratos. Dotados dunha folla de gran resistencia á corrosión e unha gran dureza, estes coitelos foron deseñados para que adores o momento de cociñar. Non podemos esquecer a súa extraordinaria capacidade de corte.

Faite xa con todos os modelos da colección dunha forma moi sinxela. Por cada 5 euros de compra que realices en calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí, entregarémosche un punto que poderás pegar na cartilla que atoparás na nosa zona de caixas. Reúne os cinco puntos necesarios e adquire o utensilio que desexes. O primeiro punto, regalámoscho nós.

Queres ver a colección de preto? Xa está dispoñible na nosa rede de supermercados de toda Galicia.

Promoción válida ata o 27 de maio ou fin de existencias.
Consulta todas as condicións na túa tenda habitual.

Ver documento