Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

CUEVAS E CIA MARRON GLACÉ EMPEZA O ANO RENOVANDO WEB

9 Xaneiro, 2012

Continuando co proceso de restiling e mellora produtiva iniciado en 2010 Cuevas e Cia empeza o ano renovando a súa web.
Desta forma, Cuevas dispón de tres liñas: “Cuevas Marron Glacé”, “Cuevas Chef” e “Cuevas Horeca”. En todos os casos, incorpora innovadoras presentacións, formatos e códigos estéticos, así como novas gamas de produtos e sabores, entre eles cremas e guarnicións de castaña ou con complemento doutros ingredientes, como cogomelos e froitos secos.
A empresa pioneira e líder no tratamento, elaboración e distribución de derivados da castaña basea as súas liñas estratéxicas no I+D+i, nos acordos con centros tecnolóxicos de referencia e con fundacións e cociñeiros de prestixio, en experiencias de enxeñería alimentaria e na ampliación da oferta de artigos premium.
A rede comercial de Cuevas e Cía alcanza os cinco continentes. De feito, durante a primeira semana do ano, acumula xa na súa web 200 visitas de 28 países diferentes entre os que destacan: Brasil. Estados Unidos, Francia, Xapón, Reino Unido, Bulgaria, México ou Italia.
Visitar web