Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

CUEVAS INVISTE 1,1 MILLÓNS NA APERTURA DUN CENTRO AQUIÉ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

4 Xullo, 2013

A ensina comprometida coa alimentación saudable traslada á capital galega o seu novedoso formato de supermercado sensorial, e a súa sección de dieta equilibrada que personaliza os menús diarios.
Aquié estreouse este xoves 4 de xullo en Santiago de Compostela coa súa orixinal combinación de luz, cor, ambientación diferente, compra saudable, interacción co cliente e tecnoloxía. Para a primeira apertura no norte de Galicia, a marca que foi designada como unha das seis tendas máis innovadoras do mundo en 2009, elixiu un local de mil metros cadrados situado na intersección entre a Rúa República Arxentina e Rúa Hórreo, nun céntrico contorno comercial e hotelero.
O investimento ascende a 1,1 millóns de euros (excluídos os gastos inmobiliarios). A contribución deste proxecto á melloría do mercado de traballo local consiste na creación de 22 empregos directos e inmediatos, establecendo a medio ou longo prazo o obxectivo de ampliar a 40. Do mesmo xeito que nos demais centros da ensina máis comprometida coa vida sa, o investimento do tempo e coa responsabilidade social, a totalidade do persoal terá contrato indefinido desde o primeiro día.
A novedosa proposta do novo establecemento, que se aproxima aos mil metros cadrados de superficie total, concede especial relevancia ás seccións de fresco (froitería, carnicería, chacinería, panadería e peixería), que presentan un formato moi diferenciado respecto de outras superficies comerciais, e aportan un valor engadido moi destacado na oferta global e na imaxe da marca. E en lugar especial, a sección Que Facemos Hoxe, a exitosa proposta de menús diarios e personalizados, con dobre garantía por estar baseados na cociña galega de autor e por incluír a supervisión de expertos nutricionistas vinculados á Cátedra Cuevas.
Ampliar información