Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

EMPRENDE EN 2012 E CONVIRTETE EN FRANQUICIADO

10 Xaneiro, 2012

A revista “Emprender Franquías e Negocios” recolle no seu número 72 unha ampla reportaxe sobre emprender en tempos de crise.
Son moitas as grandes empresas que confirman o seguinte: en momentos de crise é necesario apostar polo crecemento. Investir, diversificar, mellorar, avanzar… Non vale quedar quedo nin dar pasos atrás. E por que non, é tamén o momento de emprender. Son moitos os que teñen “o verme emprendedor”, ganas de crear un negocio e agora pode ser a oportunidade de facelo. Pero, non dispós da experiencia necesaria? Prefires apostar por unha marca con rodaxe no mercado? Queres contar co soporte dalgunha empresa con solidez? A franquía é, entón, a saída que buscas.
A distribución tamén ve sumar novos franquiciados. Supermercados, sobre todo de proximidade son unha boa opción de investimento.
Na páxina 14 deste número “Emprender Franquías e Negocios” fala de Plenus Supermercados.
Versión resumida do número

Web Franquicias e Negocios