Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

ENTREVISTA DE ARTUR YUSTE, DIRECTOR DE GRUPO CUEVAS, PARA O CORREO GALEGO

15 Xullo, 2013

"A principal peza para que un país funcione é o empresario"
"O Grupo Cuevas somos almacenistas de natureza e detallistas de convicción"
"Por que non utilizar o idioma galego se a maioría falamos galego"
Artur Yuste i Tarragó (Lleida, 1979, técnico superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas) é director xeral do Grupo Cuevas dende 2010, hólding de empresas dedicado á distribución alimentaria almacenista e detallistas, radicado en Ourense dende hai 146 anos. As súas insignias Aquí, Aquié, Plenus e Cuevas Cash operan en Galicia en 24 establecementos, cunha superficie conxunta de máis de 16.000 metros cadrados. O Grupo Cuevas factura ao ano máis de 100 millóns de euros. A actividade alimentaria xera 290 postos de traballo directos e en torno a 1.000 indirectos.
Ver entrevista completa