Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

ESPECIAL ALIMENTACIÓN: NOVA PROPOSTA DE GRUPO CUEVAS PARA O DÍA A DÍA

31 Marzo, 2013

Catro anos despois de presentar nos supermercados Aquié a sorprendente proposta do QFH, sección na que se pode elixir cada día un menú diferente e valorado nutricionalmente por expertos que garanten unha dieta equilibrada ao longo de todo o ano, o Grupo Cuevas amplía agora a súa singular oferta alimentaria cos novos sándwichs. Esta nova gama que chega estes días ao mercado, é o resultado de varios anos de probas e investigación ata conseguir un produto saudable, rico e co nivel calorífico preciso para completar as comidas lixeiras do día, e no que a elección do pan é unha característica destacada que se coidou con especial esmero.
Ver reportaxe completa