Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

ESTREAMOS A APP PARA O MÓBIL GÚSTAME IR AO SÚPER

6 Febreiro, 2019

Sabías que xa podes levar no teu móbil a tarxeta cliente dos supermercados de Grupo Cuevas? Desde hoxe lanzamos a App para o móbil “Gústame ir ao Súper”. Unha aplicación para os nosos clientes fidelizados de Aquié, Plenus e Aquí que lles permitirá levar sempre no peto a súa tarxeta cliente e todas as vantaxes asociadas a ela. Cupóns aforro, promocións, folletos de oferta e o seguimento de todas as compras realizadas ao instante son só algunhas das funcionalidades desta aplicación móbil que está xa dispoñible nas Play Store de Google e Ios. Se a descargas agora, recibirás un cupón desconto de 5 euros* para gastar no que ti queiras. Comeza a gozar de todas as vantaxes da App “Gústame ir ao Súper”. *O cupón de 5 euros estará dispoñible unicamente na App Gústame ir ao Súper e será trocable en compras superiores a 20 euros. Promoción válida ata o 20/03/2019. Máis información