Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

EXPERIENCIAS DE EMPRENDEMENTO EN OURENSE

3 Maio, 2015

Moitas veces tomamos como referencia exemplos de fóra da nosa provincia para poder mellorar a nosa situación económica. Por desgracia, en Ourense aínda subsiste o estigma de que o que vén de lonxe é o mellor e o que temos preto ou o que facemos aquí vale moito menos.
Nestes momentos existe un claro interese por fomentar todo aquilo que rodea o emprendemento e as novas iniciativas empresariais. É a provincia de Ourense terra de emprendedores? Podería pensarse que non, e que o que se estila é que emprendan outros. Non obstante, a pouco que analicemos esta realidade, podemos encontrar exemplos de grandes emprendedores.
Este sería o caso de Grupo Cuevas, que iniciou a súa actividade empresarial en 1867, sendo a primeira empresa española que creou unha fábrica de marrón glacé. A diversificación deste grupo empresarial foi unha constante nos últimos anos, pero sempre tendo como punto de referencia a explotación dun produto tan noso como a castaña. Este grupo empresarial exporta marrón glacé a 26 países nos 5 continentes e contribuíu a crear a "marca Ourense" en todo o mundo.
Alberto Vaquero García. Profesor de economía aplicada.
A Región, suplemento Euro, 3 de maio de 2015, páxina 11.