Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

FRUNATUR PECHA O CICLO DE EXPERIENCIAS PARA ESCOLARES

12 Xuño, 2015

Frunatur, a empresa do Grupo Cuevas especializada na distribución de froitas e hortalizas, conclúe o ciclo de visitas programadas con colexios da provincia para fomentar os hábitos saudables e a alimentación sa. Durante os últimos meses, centenares de nenos dos primeiros cursos tiveron a oportunidade de participar en talleres experimentais e coñecer todo o proceso que seguen as froitas, as hortalizas e as verduras desde que se recollen ata que chegan ao consumidor. Na súa visita recibiron explicacións sinxelas sobre as vantaxes saudables que reporta o consumo destes produtos, e aprenderon tamén como se almacenan e como se conservan á temperatura e humidade adecuadas, ademais de participar en casos prácticos de pesaxe, clasificación e envasado e gozar dunha zona de exposición na que puideron tocar e consumir a froita en diferentes preparados.
Os primeiros resultados reunidos sen pretensións científicas mostran unha clara preferencia dos escolares polos plátanos e as mazás, como froita habitual, e polas cereixas como froita de tempada. O kiwi, a pera e a sandía son sinaladas como as que menos gustan; e plátanos, mazás, cereixas e amorodos como as máis consumidas. Destaca que non todos os colexios mostran os mesmos rangos de resposta, aínda que hai tendencias compartidas.
Ver imaxe