Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS ABRE EN QUIROGA O MAIOR SUPERMERCADO PLENUS DE GALICIA

7 Marzo, 2018

A expansión dos supermercados Plenus que impulsa o Grupo Cuevas por toda Galicia chega mañá, xoves día 8 de marzo, á localidade lucense de Quiroga (3.300 habitantes). A nova tenda ocupa unha nave completa cunha superficie total de 1.089 metros cadrados construídos nunha parcela independente da localidade lucense, e dispón dunha sala de vendas de case 800 metros cadrados. A oferta comercial complétase cun aparcadoiro subterráneo propio e gratuíto, e quince empregos que forman o equipo responsable do servizo.
Cun horario ininterrompido da mañá á noite, entre luns e sábado, ofrecerá cinco mil referencias e seccións de carnizaría, chacinaría, peixaría, froitaría, lácteos, conxelados e seco, cunha atención especial de panadería.