Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS APADRIÑA UN ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

5 Outubro, 2012

Grupo Cuevas, Caldaria Termal e Modera Media asinan un convenio coa Universidade de Vigo que pretende crear un Campus de Ourense máis vivo e estreitar lazos entre o alumnado e o mundo empresarial.
O programa seleccionará mediante unha convocatoria a tres alumnos de último curso das tres titulacións que se imparten na facultade para realizar prácticas formativas nas empresas colaboradoras. Ao mesmo tempo, os alumnos poderán vincular os seus proxectos de fin de carreira á actividade produtiva en cuestión e recibirán o importe equivalente á matrícula do presente curso académico 2012-2013.
Grupo Cuevas apadriñará un estudante do grao de Administración e Dirección de Empresas. Caldaria Grupo Termal fará o mesmo no grao de Turismo e Modera Media apadriñará a un matriculado no grao de Consultoría e Xestión da Información.
Ver noticia