Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS CHEGA A SANTIAGO PARA CELEBRAR OS SEUS 150 ANOS “COAS PERSOAS”

22 Xuño, 2017

As actividades de street márketing do Grupo Cuevas chegan este venres e sábado a Santiago de Compostela a través dunha performance na rúa, protagonizada por dous actores caracterizados como os mozos da prensa de finais do século XIX. Percorrerán as rúas da cidade, na contorna do supermercado Aquié, situado na rúa República Arxentina, animando á xente para fotografarse con eles ao berro de “Extra!Extra! Grupo Cuevas cumpre 150 anos e busca aos Novos e Centenarios desta cidade!”.
Nota de prensa