Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS CHEGA A VIGO PARA CELEBRAR OS SEUS 150 ANOS “COAS PERSONAS”

25 Maio, 2017

O Grupo Cuevas continúa a súa campaña de street márketing, iniciada en Ourense a pasada fin de semana, para dar testemuño na rúa da conmemoración do seu 150 aniversario. A proposta está pensada para proporcionar experiencias exclusivas a quen decida participar na iniciativa, ademais de posibilitar a creación dun mapa de imaxes personalizadas da celebración, co que se elaborará posteriormente un mostrario de perfís cidadáns que quedará como referencia histórica no site conmemorativo http://150aniversario.grupocuevas.com.
Nota de prensa